A Coruña: O concelleiro de Deportes presenta os actos de homenaxe a Luis Suárez

O concelleiro de Deportes, Xan Xosé MartÃnez Caxigal, presentou os actos de homenaxe ao mÃtico futbolista coruñés Luis Suárez que o seu departamento, xunto coa Peña Otero, teñen preparados para os próximos meses. O propio Suárez, único español premiado ata a data co Balón de Ouro, asistirá a algúns dos eventos programados para homenaxealo.
O programa de actos comezará o vindeiro venres, 3 de decembro ás 19.30 horas cunha recepción por parte do concelleiro e os representantes da Peña Otero a Luis Suárez no Club do Mar, onde terá lugar a conferencia de Xan Fraga "O Deportivo de Luis Suárez".
O dÃa seguinte, sábado 4 de decembro ás 12.00 h terá lugar a colocación dunha placa conmemorativa na casa natal de Suárez, na Avenida de Hércules, 20. Pola tarde, ás 18.00, haberá unha recepción oficial no Concello á que asistirán figuras do deporte e o fútbol coruñés. Máis tarde, ás 19.00 h desenvolverase a presentación do libro de Xan Fraga "Luis Suárea, fútbol de seda", no salón de actos do Pazo Municipal de Exposicións Kiosco Alfonso.
Xa no mes de xaneiro, arrincará o ano coa inauguración da exposición "Luis Suárez, fútbol de seda" en Palexco o dÃa 7 de xaneiro de 2011 ás 20.30 horas. Permanecerá aberta ata o 6 de febreiro de 2011.




