O presidente da Mesa négase a declarar por lle negaren 'o dereito legal' a recibir notificacións e documentación en galego

O presidente da Mesa pola Normalización LingüÃstica compareceu esta mañá nos xulgados de Fontiñas en Santiago de Compostela, onde se negou a declarar por lle negaren "o dereito legal" a recibir as notificacións e a documentación en galego, tal e como xa solicitara no seu dÃa. "Isto é unha inxustiza: denuncian a quen defendemos a cultura galega e o cumprimento da legalidade e impÃdennos exercer os nosos dereitos lingüÃsticos na propia administración", lamentou Callón, quen subliñou que parte desta documentación "non pode estar en galego porque o impide o programa informático da Xunta". "Aà está a liberdade lingüÃstica de Núñez Feijóo!", ironizou.
O dirixente da maior asociación cultural de Galiza foi denunciado polo xuÃz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandián, quen considera que son penábeis as declaracións de Callón reprochándolle o incumprimento da Lei de normalización lingüÃstica.
O portavoz da Mesa rexeitara con contundencia a declaración do maxistrado que reproduciran medios de comunicación que estiveran presentes no xuÃzo contra o veciño da Coruña: "No tengo ningún rubor en usar la ilegalidad del topónimo La Coruña". Para Carlos Callón, esta afirmación constituirÃa unha "apoloxÃa da desobediencia da legalidade, que serÃa especialmente grave ao se tratar dun maxistrado, quen non deberÃa guiarse por ningún outro criterio na súa función pública que non fose o da plena aplicación da lei."
Para o presidente da entidade cidadá en defensa da lingua, esta denuncia "encádrase nunha campaña moito máis ampla de criminalización dos movementos en defensa do idioma de Galiza, como xa puidemos ver tamén recentemente cos equipos de normalización lingüÃstica dos centros de ensino". Porén, Carlos Callón sinala que "se agardan que calemos a boca e deixemos de defender a nosa lingua, poden seguir agardando". "O esforzo colectivo que representa A Mesa pola Normalización LingüÃstica seguirá alzando a súa voz sempre que haxa calquera discriminación contra calquera persoa polo mero feito de querer vivir en galego", conclúe.




