Economistas

Planos de guerra

galego.gif

O idioma segue marcando a axenda de Alberto Núñez Feijóo á fronte da Xunta e o pleno do Parlamento de onte deixou claro que a situación para o goberno do Partido Popular (PP) está resultando incómoda. Boa proba é que a algúns dos asistentes como público se lles prohibiu a entrada á cámara porque levaban unha camiseta de Queremos Galego cando, precisamente, o que os deputados ían discutir era unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) desta plataforma "pola defensa dos dereitos lingüísticos". A situación resulta aínda máis sorprendente se temos en conta que un dos deputados, Bieito Lobeira, do BNG, levaba unha camiseta idéntica e falou con ela desde a tribuna de oradores. Como pano de fondo, brillou o último informe do IGEA, o instituto que preside Anxo Quintana, defendido por socialistas e populares, pero silenciado polo BNG, que xa tivo máis dun problema interno polos termos nos que se posiciona este informe, partidario de asumir o bilingüismo.

O debate parlamentario estivo tamén en liña coa crispación que caracteriza a política lingüística desde a pasada campaña electoral das pasadas autonómicas, cando o PP se aliou coas teses de Galicia Bilingüe e comezou a baduar coa tese da imposición. O guión non cambiou ostensiblemente onte e os deputados conservadores rexeitaron a proposición de lei -presentada polo BNG- que termaba da ILP de Queremos Galego para reclamar o uso do idioma propio nas administracións da comunidade e no ámbito do ensino. Para o PP, a iniciativa reproducía "todos os defectos" da política lingüística do nacionalismo e acusou o BNG de pretender construír "un estado nacional monolingüe en galego".

O deputado popular Agustín Baamonde, que chegou a traducir ao castelán uns versos de Rosalía de Castro para demostrar que a matriarca literaria do país era bilingüe, explicou a postura do seu grupo nun aceso debate. A pesar de que Lobeira avogou na súa primeira intervención por aproveitar este pleno para "restablecer consensos" en materia lingüística, Baamonde foi contundente. O deputado cuestionou o "mesianismo" dos nacionalistas que se cren en posesión da única verdade" e o seu "enroque numantino" arredor da lingua que "imposibilita", na súa opinión, calquera acordo.

Baamonde incidiu en que a iniciativa non é "expresión da maioría social nin froito do consenso" e remarcou que a vontade "do 15 por cento" da poboación galega non pode "imporse ao 85 por cento" restante. "O seu propósito é darlle unha volta máis ó monolingismo en galego, que pasaría a ser a lingua prevalente e o castelán, residual", advertiu.

Fronte a iso, insistiu en que o PPdeG defende que a política lingüística debe "estar asentada na maioría social" e fixo un chamamento a romper a "monolítica postura" do BNG para alcanzar "un pacto". Con todo, apuntou que o recente informe do Instituto Galego de Estudos Autonómicos e Europeos (IGEA), presidido polo deputado nacionalista e ex vicepresidente da Xunta Anxo Quintana, supón "un paso adiante".

"Ou ten que ler con máis atención ou revisar a súa capacidade para interpretar textos escritos", contrapuxo o nacionalista Bieito Lobeira, quen ironizou co "amor" dos populares cara ó galego ó apuntar que se está caendo no "paroxismo da ridiculez" e lamentou a postura da formación que lidera Alberto Núñez Feijóo.

"Pero non pasa nada", engadiu o deputado nacionalista, antes de recordar que, ó longo da historia, houbo "galegos tímidos e domesticados, que se avergoñaron da súa procedencia". "Entraron vostedes nese selecto club de renegados", engadiu, a continuación, e dirixiuse a Feijóo para sentenciar: "Son o peor deste país"

Lobeira remarcou que os populares pasarán á historia "por atacar o galego" como nunca se fixo na comunidade e agregou que "todo é mérito" de Feijóo. "Haberá que reivindicar e confrontar na rúa o que aquí se nos nega, e aí estará o nacionalismo", finalizou a súa intervención o deputado nacionalista.

Ao debate asistiron un grupo de simpatizantes de Queremos Galego, encabezados polo seu voceiro Carlos Callón, ós que, segundo manifestou Lobeira na súa primeira intervención, se lles impediuse entrar no hemiciclo "cunha camiseta" que levaba un lema "nun idioma proscrito", en referencia ó galego, o que considerou "unha vexación".

O deputado nacionalista referiuse a unha camiseta co logotipo de Queremos Galego e recordou que os integrantes da plataforma asistiron como público e non defenderon o seu ILP desde a tribuna "por unha decisión inxusta" da Mesa do Parlamento.

RÉPLICA SOCIALISTA
A mensaxe noxenta do PP

O deputado socialista Francisco Cerviño alertou de que o presidente galego "pode chegar a ser un lingüicida" e acusouno de lanzar "dous torpedos de groso calibre" ao galego co novo decreto do idioma no ensino e a modificación da Lei de acceso á Administración pública. "Lanza unha mensaxe noxenta, profundamente prexuizosa e falsa", lamentou. Sobre a proposición, manifestou a coincidencia do seu grupo "co tronco" da proposición, a pesar de manter "algunha discrepancia", como o apartado relativo a que as distintas administracións "regularán o galego como lingua oficial"."O galego xa é lingua oficial e se o que se pretende é buscar un subterfuxio para que sexa a única, non nos parece ben", avisou Cerviño e recalcou que Galicia é "bilingüe", como explicitaron "algúns destacados membros do BNG no informe do IGEA".
Fuente: Galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg