A Mesa critica que a Xunta 'non garanta a formación en galego para quen a solicite', que é 'o mÃnimo exixÃbel a unha polÃtica lingüÃstica seria'

Esta semana, a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica publicou a convocatoria de cursos CELGA, que son 45 menos que o ano pasado (de 185 pásase a 140). A Mesa considera que se trata dunha cantidade "moi insuficiente, que non garante a demanda que existe na sociedade", polo que deixará a moitas persoas "sen a formación en galego que queren conseguir".
"O mÃnimo que se lle pode exixir a unha polÃtica lingüÃstica seria e responsábel é que haxa cursos para aprender ou mellorar o galego para aquelas persoas que queiran, mais nin iso garante o goberno de Alberto Núñez Feijóo. De que hipócrita liberdade lingüÃstica presume o presidente da Xunta se nin tan sequera garante prazas para quen quere aprender galego?", observa Carlos Callón.
A Mesa critica tamén que se reduza a unha única convocatoria anual a posibilidade de conseguir o CELGA, o cal "lle pode provocar un prexuÃzo irremediábel a quen o precisar para un proceso selectivo, concurso de traslados etc". A maior asociación cultural de Galiza non dubida en atribuÃr tal decisión a un "obxectivo consciente de fomentar un clima social contrario ao galego", o cal cualifica de "incÃvico e irresponsábel".
Esta convocatoria anual será en xuño, mentres que nos anos anteriores habÃa probas en maio e en novembro. Quen suspender agora, terá que agardar un ano enteiro para se poder presentar de novo.
Carlos Callón lembra tamén que a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica, dirixida polo polémico Anxo Lorenzo, non garante que os cursos que se vaian solicitar se chegen a realizar. Deste xeito, aÃnda que nun concello ou unha asociación abran un prazo de preinscrición e se anoten vinte persoas, non existe ningunha garantÃa de que ese curso se vaia ministrar.
Entre outras melloras que precisa con urxencia o modelo dos CELGA, A Mesa tamén reclama que a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica ofreza un certificado de asistencia aos cursos que recoñeza as horas de formación en que se participa.




