A Risga non inclúe
Preto de sete mil familias galegas dependeron nalgún momento de 2010 da Renda de Integración Social de Galicia (Risga). O prograÂma, orientado a garantir uns recursos económicos mÃnimos ós fogares en risco de exclusión e traballar ó tempo que na inserción laboral dos seus usuarios, reÂxistrou o ano pasado 3.638 solicitudes de incorporaÂción (por primeira vez ou sucesivas), o que supón un incremento do 2,8% con respecto a 2009.
Nos últimos exercicios, a Risga evidenciou as súas carencias como ferramenta de inserción laboÂral. Só o 7% dos plans deseñados en 2009 polos traballadores sociais dos concellos para cada un dos demandantes puideron centrarse na incorporación ó emprego. Na maior parte dos caÂsos, o itinerario de integraÂción debe comezar varias fases antes, e traballar en necesidades previas, como a formación, o desenvolvemento de habilidades sociais ou a superación de consumos de substancias. Os datos da Subdirección Xeral de Inclusión Social mostran ano a ano que menos do 20% das persoas incluÃÂdas no programa veñen conseguindo a inserción laboral, unha porcentaxe que ademais tende a reducirse agora como consecuencia da recesión económica.
O impacto da crise acelerou en 2009 os plans de reforma e a ConselleÂrÃa de Traballo anunciou a análise e reviÂsión do catálogo de subÂsidios sociais de cara a conseguir unha maior eficaÂcia das prestacións. No caso da Risga, a reforÂma viña ordenada pola propia Lei de servizos soÂciais de Galicia, que entrou en vigor en marzo de 2009 co mandato de presenÂtar no prazo dun ano unha nova regulación da renda de inserción social.
Na Risga, a participación no itinerario de inÂtegración preparado polos traballadores sociais vai asociada a unha prestaÂción económica mensual, inferior ós 400 euros, que se completa en funÂción do número de membros do fogar e recórtase para as persoas que acumulan máis de catro anos dentro do programa.
A redefinición da prestación ocupou a mesa 4 do diálogo social e agoÂra a ConsellerÃa de TrabaÂllo traballa na redacción dun primeiro boÂrrador articulado da nova Lei de inclusión social que prevé ter listo a finais de mes. O texto fiÂnal poderÃa chegar ó Parlamento na segunda metade do ano.
Adaptación para casos sen posibilidades
O borrador que prepara a ConsellerÃa de Traballo e Benestar para actualizar a Risga diferencia tres tramos de prestación, que tratan de corrixir as carencias detectadas no formato actual da axuda. O texto articulado que ultima o departamento que encabeza Beatriz Mato prevé dous chanzos previos á integración laboral nos que a prestación se centrará en achegar recursos básicos e proporcionar a preparación necesaria para compensar carencias de formación e habilidades e capacitar o usuario para que poida enfrontarse con certas garantÃas ó mercado de traballo.
AsÃ, o borrador do proxecto de lei de inclusión social que prepara a ConsÂellerÃa parte do recoñecemento de dous dereitos "relacionados e parcialmente vinculados, pero non condicionados e, ademais, compatibles: o dereito a un mÃnimo vital, reforzado no caso da presenza de menores conviventes, e o dereito a un apoio sistemático e coherente por parte dos poderes públicos que compense os déficits acumulados de oportunidades e que se concreta na oferta de participación en itinerarios personalizados e financiados de inserción sociolaboral".
Ambos os obxectivos atenderanse na nova Risga a través de tres tramos de acción: o denominado persoal e familiar, orientado á prestación de recursos económicos; o de inserción, como unha antesala á procura de emprego na que se tratará de compensar as carencias de formación do usuario, e o de transición ó emprego, no que xa se perseguirá o acceso a un posto de traballo normalizado.
Deste xeito, a Administración intenta definir unha prestación máis eficaz que corrixa datos preocupantes do modelo actual, como a alta porcentaxe de recaÃdas no programa (26,10% en 2009) ou os altos Ãndices de cronificación (o 16,13% dos usuarios de 2009 levaban máis de catro anos no dispositivo).
O borrador do anteproxecto de lei, que Benestar prevé ter terminado a finais deste mes, terá que completar os trámites de información e audiencia pública, de modo que, tras analizar alegacións e recibir os informes dos organismos consultivos, poderÃa chegar ó Parlamento autonómico no segundo semestre do ano.
A nova Lei de inclusión social substituirá a Lei de medidas básicas para a inserción social, vixente desde 1991.
OS DATOS384,73 euros mensuais
Ó peche de 2010 o importe medio da prestación era de 384,73 euros e o promeÂdiou de permanencia 2,3 anos. Os beneficiarios da Risga perciben a axuda ata un máximo de catro anos, pero prorrógase a persoas que os servizos sociais cren en risco de forte exclusión social sen ela. Este tipo de casos reducen a contÃa media e adoitan cobrar uns 339 euros ao mes. Nunha familia de dúas persoas con dous fillos, o titular da axuda percibe 339 euros, o cónxuxe 63,9, o primeirofillo 53 euros e o segundo 42, de forma que o total suma 550 euros mensuais por núcleo familiar.
Dona soa, con fillos e sen estudos
Malia o incremento dos beneficiarios da Risga, non houbo un cambio significativo no perfil do demandante desta renda. Segundo o subdirector xeral de Inclusión Social e Cooperación coas corporacións locais, Daniel López, un 63,9% dos solicitantes son mulleres de entre 35 e 44 anos, con cargas familiares e separadas ou divorciadas que viven en zonas periurbanas, carecen dunha vivenda propia e contan con escasa formación académica. As cidades notan máis os cambios do mercado laboral e neste sentido Vigo é a urbe máis vulnerable.
Aumento do 24% no 2009
A crise económica propiciou no ano 2009 en Galicia un incremento do 24,5% no número de solicitudes presentadas para percibir a Risga, que ascenderon a 3.536 -fronte ás 2.668 rexistradas en 2008. A Coruña foi a provincia na que se contabilizaron máis peticións, co 41% do total, por diante de Pontevedra (+37,5 por cento), Ourense (+11 por cento) e Lugo (+10,4 por cento). A Xunta concedeu nese exercicio 6.497 asignacións, un 10% máis có exercicio anterior. Case un 86% dos municipios -270 dos 315- contaban ese ano con persoas percibindo a Risga.
Fuente y autor: R.LIZCANO /Galicia hoxe




