Alugueres "inhábiles"
A voceira de Vivenda do Grupo Parlamentario Socialista, Carmen Cajide, denunciou onte o peche do prazo de incorporación de vivendas ó Programa Aluga, para o cal os solicitantes contaron cun prazo de catro dÃas dos que só un era "hábil" e coincidÃa con Fin de Ano. "E catro dÃas máis tarde", relatou, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica o seu peche "ata maio". A deputada do PSdeG considera "sospeitoso" e "insultante" que a ConsellerÃa de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas deixe "só catro dÃas" para presentar solicitudes e interpretou que esa coincidencia "segue a liña das polÃticas de vivenda da Xunta: recortar e suprimir".
"É unha manobra maquiavélica", incidiu Cajide, convencida de que responde á intención do Goberno galego co seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, á cabeza, de descartar a "aposta" pola promoción de aluguer de vivenda pública a pesar de ser "un servizo útil". De feito, avalada por información "oficiosa" procedente dos departamentos de vivenda, acusou de "falso" que non exista demanda para este tipo de inmobles. Tras censurar as "promesas incumpridas" do mandatario autonómico, que, segundo recordou, "prometeu en campaña complementar a RBE con 100 euros", pediulles ós responsables polÃticos da Xunta que "recapaciten".
Con este fin, a parlamentaria socialista presentou diversas iniciativas parlamentarias. Trátase, dixo, de paliar a "inactividade" da Administración autonómica neste ámbito e de pór fin "aos innumerables desprezos" por parte de Feijóo e Hernández "ó dereito a unha vivenda digna". "As competencias, aÃnda que non o pareza, son da comunidade autónoma", advertiu, para recordarlle á Xunta que "debe responsabilizarse de facilitarlles ós galegos unha vivenda digna". Contrastou a súa forma de proceder coa do Executivo central, que incrementa as partidas para vivenda pública en Galicia en 19 millóns de euros mentres o Goberno galego "reduce á metade" os fondos do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).
A Xunta deféndese e critica o Goberno central de Zapatero
A Xunta respondeu que o programa Aluga rexistra na actualidade as mellores cifras de familias beneficiarias e importe de axudas dende que no 2006 botou a andar o programa. Informou de que a dÃa de hoxe 3.222 familias galegas se benefician das axudas do programa Aluga, cando en decembro do 2007 eran 2.304. Segundo a Xunta, o mesmo acontece no que respecta ós fondos para axudas, xa que o 30 de decembro o DOG publicaba que se concederán axudas de 10,8 millóns de euros, contÃa superior a de calquera dos anos do bipartito. Entre as vivendas xa dispoñibles e as que están en trámite de incorporación ó programa suman 1.228 vivendas, mentres que a dÃa de hoxe os demandantes de vivenda en alugueiro son 1.016.
O actual executivo aduce que o goberno anterior externalizou a xestión do programa de vivenda en alugueiro, e que coa nova estrutura os gastos se reduciron, aforrando cartos que permitirán paliar a eliminación e redución de axudas do Plan de Vivenda estatal, que suporá para os galegos a perda duns 150 millóns de euros..
Fuente: Galicia hoxe




