A Mesa lamenta o 'sectarismo e manipulación' do Observatorio da Lingua Galega da Xunta
A Mesa pola Normalización LingüÃstica denuncia o "uso sectario e manipulador" que a Xunta de Galiza fai do Observatorio da Lingua Galega. Este órgano, dependente da SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica, envÃa cada semana un boletÃn electrónico coas principais noticias sobre os idiomas do mundo e tamén o que acontece en Galiza. "Na realidade, neses boletÃns un pode saber dos grupos que actúan en defensa de calquera idioma nos antÃpodas do planeta, mentres para Galiza censura ou edulcora todas as informacións crÃticas ou diverxentes coa polÃtica oficial da Xunta", denuncia o presidente da Mesa.
Carlos Callón pon como exemplo que no boletÃn enviado hoxe mesmo polo Observatorio da Lingua Galega se inclúen noticias sobre o que acontece en Cimbabue, Cuenca, Escocia, Canadá ou Paquistán e seis comunicados de prensa da Xunta de Galiza, mais que "desapareceron todas as informacións crÃticas remitidas pola Mesa nos últimos dÃas, como se non existisen". "Hai varios meses, desde a asociación protestamos por esta censura, mais a situación continúa na mesma", sinala Callón.
A Mesa considera que "esta manipulación informativa é impropia dunha administración seria e cÃvica" e pregúntase "canto nos custa a todos os galegos e todas as galegas esta parvada, mentres os nosos dereitos lingüÃsticos continúan a ser vulnerados un dÃa si e outro tamén".




