A Mesa reclama que a institución do Defensor del Pueblo 'asuma a realidade plurilingüe do Estado'

O web do Defensor del Pueblo escoita "os teus preguntas", "as túas queicas" e atende "tódala correspondencia" (sempre e cando estea en castelán!)
A Mesa pola Normalización LingüÃstica enviou unha queixa á institución do Defensor del Pueblo para lle demandar que permita presentar escritos en galego e, ademais, para que corrixa o "uso moi desleixado" que fai da nosa lingua no seu espazo web.
Na versión galega da páxina desta institución (https://www.defensordelpueblo.es/gl/) fálase de "queicas" en lugar de "queixas", de "vear" por "velar", de "ciudadáns" por "cidadáns" e aparecen outros "usos disparatados do idioma de Galiza" como "tódala correspondencia", "dous de cada tres recomendaciones sexan escoitadas", "os teus preguntas", etc. Ademais, segundo denuncia A Mesa, "a maiores, os erros de acentuación na versión galega son difÃciles de contar". Para Carlos Callón, "é un sÃntoma do desprezo desta institución cara á diversidade lingüÃstica e cultural do Estado".
Ademais, o presidente da maior asociación cultural de Galiza, cos seus 4.000 socios e socias, achácalle ao Defensor que "mal pode presumir de escoitar a voz da xente quen non permite nin tan sequera que se poidan presentar queixas no teu idioma propio".




