Economistas

A por accionariado

Novacaxaigalicia iniciará os trámites para crear un banco propio e adaptar a súa situación ó marco normativo vixente, tras a aprobación do decreto lei de reforzamento do sistema financeiro. Con esta decisión, a caixa traspasará o seu negocio financeiro ó banco, a través do que captará máis capital para cumprir os requisitos establecidos polo Goberno e o Banco de España. A caixa non aclarou se aspira a manter este status xurídico ou optará por outras fórmulas para controlar ese banco, pero si indicou que acelerará os traballos de captación de novos accionistas. A este respecto, o hermetismo é total, pero a ninguén se lle escapa que os empresarios e as grandes fortunas galegas son as preferidas. Non obstante, a caixa "non descarta a ningúen".

A prioridade: manter a máxima vinculación co país

A decisión foi tomada onte durante a celebración do consello de administración da entidade, no que se fixaron como criterios que o novo proxecto de capital teña como obxectivos a obtención da "máxima vinculación con Galicia e o maior investimento social", á vez que cumpre cos novos requisitos. A alternativa avanzada fora gañando peso nos últimos días, logo de trasladar a dirección ós membros da comisión delegada que a bancarización era xa a vía principal, aínda que non estaba tomada ningunha decisión, e tras facer pública este mércores a súa aposta a Xunta, tamén a favor de trasladar o negocio a un banco controlado ben pola caixa ben por unha fundación especial.

A caixa busca, ó trasladar o negocio a un banco, ter que reportar un capital principal do 8% -é o que se lles esixe ós bancos, fronte ó 10% das entidades con máis dun 20% de financiamento almacenista e que non coloquen, polo menos, unha quinta parte dos seus títulos a terceiros, caso das caixas-. O Banco de España situou, nas análises sobre a reforma do sistema financeiro no Congreso, o core capital da entidade por baixo do 6%, polo que tería que facer aínda esforzos adicionais para cumprir as condicións.

O coeficiente de solvencia alcanza o 11%

Novacaixagalicia explicou que o consello facultou a un equipo de directivos para "o estudo, exploración e negociación das alternativas escollidas", para que, unha vez se teña toda a información necesaria, se poida adoptar "unha decisión definitiva" nos prazos de capitalización que establece a nova normativa.

Novacaixagalicia indicou onte que, tras a fusión, realizou un dos maiores esforzos de saneamento de todas as integracións en España, seguindo as pautas do proxecto de fusión aprobado polas autoridades supervisoras e reguladoras de Galicia, España e a Unión Europea. Ó peche de 2010, a caixa cifra o seu coeficiente de solvencia por riba do 11 por cento.

CIG: "o Estado condénaa a desaparecer"

Medio cento de delegados da CIG concentrouse onte fronte ó Concello de Vigo para defender a Novacaixagalicia e denunciar que o Goberno central "a condena a desaparecer" cos requisitos que establece no decreto de recapitalización das caixas. O responsable de Banca do sindicato CIG, Clodomiro Montero, denunciou que o novo marco normativo promove a privatización da entidade galega e que "ten intención clara de discriminala", mentres que lles "dá facilidades ás caixas catalás".

A REACCIÓNFeijóo avisa de que esta é a última oportunidade no novo escenario

O presidente da Xunta defendeu a vía proposta pola conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, para Novacaixagalicia como "a menos mala" e advertiu de que se esta non opera a través dun banco quedará "con menos posibilidades de capitalización", posto que o resto de caixas "do seu tamaño" van, "inevitablemente, a constituír un banco" e será "máis difícil competir". Así se pronunciou tras o Consello da Xunta, un día despois de que Fernández Currás afirmase no Parlamento que a "mellor opción" para Novacaixagalicia no actual contexto de reforma do sistema financeiro consiste en converterse en "unha caixa de aforros evolucionada cun banco asociado" sobre o que a entidade fundacional teña o control. "É a fórmula á que obriga a lexislación estatal", recalcou Núñez Feijóo, á vista dos "bandazos" do Goberno, con José Luis Rodríguez Zapatero á fronte, e de que este ten "a decisión tomada" de "sacrificar" as caixas de aforro. Convencido de que a opción da Xunta é a "menos mala", manifestou a súa vontade de "traballar" para para garantir o futuro dunha entidade que aposte polos sectores estratéxicos de Galicia cos partidos, cos axentes sociais, co Banco de España e coa propia entidade, a cuxos órganos de dirección, admitiu, "corresponde tomar a decisión final". Feijóo tamén negou que a Xunta chegue "tarde" á negociación e ó diálogo co Goberno no marco da reforma do sistema financeiro, algo que se está expondo "desde hai un ano", e volveu contrapor a súa actuación "rigorosa" coa "improvisación" do Goberno central.
MÁIS REACCIÓNSUn vogal aduce motivos políticos

Un dos vogais do consello de administración de Novacaixagalicia, José Luis Veiga, afirmou que a entidade deberá ser "o que non quere ser" porque "alguén tomou a decisión política" para iso e acusou á Xunta de sumarse á política do Goberno central "cando di que opta" porque a caixa sexa "un banco". Veiga censurou que "quen tiña que defender a caixa, que é a Xunta, abrazou a política do Goberno", ó revelar que a mellor opción é a da bancarización.

O PSdeG critica a falta de estratexia

O PSdeG mostrou o seu "apoio" á decisión de Novacaixagalicia de "reforzar a súa capitalización para mellorar as súas posibilidades de financiamento" e pediulle que manteña "a maior vinculación posible" coa comunidade. Non obstante, expresou a súa "perplexidade" ante o grao de "descoñecemento" da Xunta sobre "a evolución e as necesidades" de Novacaixagalicia e lamentaronque "non sexa capaz" de deseñar unha "estratexia" para ela.

O BNG lamenta que se tire a toalla

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, acusou onte á Xunta de Galicia de "tirar a toalla" na "defensa" da caixa galega, e observa un panorama financeiro "preocupante". Así, Vázquez lamentou a actidud da conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, respecto das súas declaracións no Parlamento porque, ó seu xuízo, "demostran que o Partido Popular de Galicia tira a toalla ao efecto de defender o mantemento da caixa como tal".
Fuente: galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg