Eliminación das "obsoletas" Deputacións para dar paso a unha "nova arquitectura teritorial"

Moreda: Concejal delegado de Urbanismo en el perÃodo 1995/2003. Diputado en el Congreso de los Diputados (1979-1996), senador (1996-2000), concelleiro de A Coruña desde 1987, presidente de la Diputación de A Coruña (1989-1995 y de nuevo desde 2003), Vicepresidente de NovaCaixaGalicia, Miembro del Consejo de Administración y de la Comisión delegada de NovaCaixaGalicia y del Comité de nombramientos y RETRIBUCIONES y secretario general provincial del PSDG-PSOE en A Coruña, etc, etc.
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, reclamou esta mañá en Ourense a eliminación das Deputacións provinciais por seren "institucións obsoletas, de outro tempo, ineficaces e antieconómicas".
Expresouse neste termos nunha rolda de prensa na que estivo acompañado pola responsábel comarcal do BNG, Montse Nóvoa, o deputado provincial, Xosé Manuel FÃrvida, os alcaldes e alcaldesa do BNG na provincia: o alcalde de Allariz, Francisco GarcÃa; o alcalde de Maceda, Xabier Oviedo; o alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo RodrÃguez; a alcaldesa da Bola, Teresa Barxe; o alcalde de Manzaneda, David RodrÃguez, e o deputado galego Alfredo Suárez Canal, ademais da tenente de alcalde e candidata á alcaldÃa de Ourense Isabel Pérez.
Tal e como enfatizou o lÃder do BNG, estes organismos constitúen un "obstáculo para avanzar na racionalización do gasto. É imposÃbel montar novas estruturas en base a comarcas e áreas metropolitanas sen suprimir as Deputacións".
Neste sentido, Guillerme lembrou que nas comunidades autónomas uniprovinciais non existen Deputacións "se non as hai nese caso, por que si existen no resto de comunidades?", perguntouse.
O portavoz nacional insistiu na necesidade de "situar un debate escurecido pola falta de información e de claridade" das outras forzas polÃticas. Polo que emprazou ao resto de partidos a que "se manifesten de xeito claro, que digan aos cidadáns como van crear áreas metropolitanas sen suprimir Deputacións".
O lÃder nacionalista lembrou que o BNG leva anos dando esta batalla necesaria porque "hai que suprimir estas institucións para dar paso a unha nova arquitectura territorial máis eficaz e máis útil para a xente".
Isabel Pérez
A candidata nacionalista á alcaldÃa de Ourense, Isabel Pérez, reclamou na súa intervención a necesidade de "adecuar as institucións á realidade do estado e introducir un pouco desa austeridade da que tanto fala o PP".
AsÃ, a tenente de alcalde de Ourense explicou que o BNG xa ten presentado no Parlamento de Galiza unha proposta para que modificar a lei de bases de réxime local de xeito que Galiza teña capacidade de regular este ámbito e eliminar as Deputacións, ao tempo que lembrou que "estamos a falar de algo que é posÃbel constitucionalmente".
Isabel Pérez aportou datos que respaldan o mal uso que se fai destas institucións, en particular no caso de Ourense, provincia na que a Deputación provincial destina o 86% do gasto a gastos de funcionamento e só o 13,5% a investimentos. A institución provincial de Ourense tivo un incremento da súa débeda dun 132% no ano 2010 e ten destinado no último ano 3 millóns de euros a subvencións nominativas discrecionais.




