Lage publica o seu patrimonio e quere que se estenda o exemplo

Doce dÃas despois de que dese a coñecer a súa nómina, o deputado socialista José Manuel Lage daba un paso máis. A través do seu blog persoal, o parlamentario autonómico publicou onte un resumo do seu patriÂmonio para animar o resÂto de polÃticos a que fagan o mesmo. Lage presentou o 19 de xaneiro unha proposta para que o Goberno autoÂnómico redacte unha lei que regule a publicidade dos bens, rendas, actividades e intereses dos cargos públicos.
Segundo o documento achegado, Lage tivo uns ingresos de 55.524 euros en 2010. O deputado ten, ademais, diñeiro investiÂdo na Bolsa -case 50.000 euros en Telefónica e algo máis de 2.500 en Criteria-, que lle reportou uns 2.700 euros máis de beneficios. É propietario dun piso en Noia e da metade doutro na Coruña e débelle a Novacaixagalicia 166.000 euros pola hipoteca. LaÂge, que conduce un Audi A-4, dispón ademais duns 30.000 euros na súa conta corrente.
Coa publicación dos seus bens, Lage lanzaba onte a pelota ó tellado do PP. Segundo o socialista, os poÂpulares rexeitan que sexa obrigatorio difundir o paÂtrimonio. "¿Que lles teñen que ocultar ós galegos Feijóo e o seu goberno?" pregúntase o deputado no seu blog.
En declaracións a EuÂropa Press, o voceiro parlamentario do PPdeG consideraba onte que en Galicia "as condicións de transparencia son máxiÂmas". Manuel Ruiz Rivas recordaba que "todos" os deputados xa teñen que dar conta dos seus bens para "o control por parte dos organismos" que estableÂce a lei, aÃnda que afirmaba que "co tempo" irase avanzando para que estean á disposición de todos os cidadáns.
Desde o BNG, non obstante, apoian a idea dos socialistas. O seu voceiro parÂlamentario, Carlos AymeriÂch, mostrábase partidario de que se apoie a regulaÂmento da Cámara para que se publiquen os beÂns. Aymerich referÃase tamén ó debate aberto polo presidente da XunÂta, Alberto Núñez Feijóo, quen asegurou cobrar meÂnos que un deputado auÂtonómico. "Non é certo", sinalou para recordar que "os soldos son transpaÂrentes". O máximo manÂdatario cobra "uns 75.000 euros" fronte ós 60.000 que percibe un parlamenÂtario "incluÃda quilomeÂtraxe", asegurou Aymerich. "O problema", sinalou, non é "a nómina", senón o paÂtrimonio, xa que este, en ocasións, é "dificilmente xustificable co soldo".
Pola súa banda, o portaÂvoz socialisÂta, Abel Losada, reivindicou que o seu partido foi o impulÂsor das medidas en favor da publicación dos saÂlarios e o patrimonio dos representantes públiÂcos co convencemento de que "os discursos da antipolÃtica se nutren da falta de transparencia". Por iso, considerou que "a máxima transparencia é irreversible" para os polÃticos.
Fuente y autor: N. SEQUEIRO /Galicia hoxe





Comentarios
es normal que los socialistas y bloqueiros quieran publicar sus patrimonios. Digo que es normal porque, dado su escaso éxito profesional y académico, sus patrimonios son, habitualmente, reducidos.
Por contra, los del PP suelen ser Licenciados, Ingenieros, empresarios, catedráticos, abogados del estado, notarios...y sus patrimonios (y su cultura) son mayores.
Este fenómeno implica que, generalmente, los socialistas y bloqueiros tiendan a robar más para compensar sus escasos patrimonios.....
Publicado por: julio | Febreiro 2, 2011 11:44 AM