Economistas

Maquillaxe no paro?

Todo apuntaba a que o último -e crispado- pleno tería continuación, e a sesión de control ó presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, volveu versar sobre as cifras do paro, coas acusacións do secretario xeral do PSdeG, Manuel 'Pachi' Vázquez de "maquillaxe" nas estatísticas. Pero con anterioridade, o titular do Goberno galego fíxolle un anuncio á Cámara: a solicitude dun "despacho" co seu homólogo estatal, José Luis Rodríguez Zapatero, para abordar o futuro de Novacaixagalicia, facer "as contas" do financiamento autonómico para que o Goberno central "devolva" os 800 millóns de euros que lle "debe" á comunidade e explicarlle "o aforro" que supón o catálogo priorizado de fármacos.

Segundo sinalou na sesión de control da Cámara, realizou "formalmente" esta solicitude "o martes pola noite". Nun momento no que a Xunta ten relevantes frontes abertas co Goberno, Feijóo pretende expoñer cara a cara a Zapatero os beneficios do catálogo de medicamentos, pero tamén abordar a necesidade de que o Executivo central "cumpra" o financiamento e, ante as dúbidas xeradas sobre o futuro de Novacaixagalicia coas novas condicións de solvencia, defender a súa vontade de "manter unha entidade financeira galega". "Xa se que el non vai vir, nunca o fixo desde que son presidente, pero eu estou disposto a ir no momento no que me indique", ratificou Feijóo no debate co que arrancou a sesión plenaria, centrado de novo na sangría do paro.

Non en van, tanto o líder do PSdeG, Pachi Vázquez, como o voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, esíxironlle ó presidente explicacións sobre o "drama" do paro en Galicia e retáronlle a "gobernar" que, en palabras de Aymerich, non consiste en "viaxar a custa do erario público" ou en discutir co dirixente socialista "sobre narcotráfico ou obras ilegais", en velada alusión á polémica en torno á reforma da súa vivenda en San Amaro. Así, o nacionalista apuntou que tanto ós populares coma ós socialistas lles interesa "simular un antagonismo político que non existe" e criticou a Feijóo porque "nin exerce as competencias que ten nin reclama as que lle faltan". Pola súa parte, Vázquez, quen arrancou a súa intervención cunha mención de "respecto" cara a todos os que lograron o "triunfo" da democracia o 23-F, preguntou ó presidente se "admite" que ten competencias para combater o desemprego, tras asegurar recentemente que tiña "poucas ou case ningunha", ou se se declara "incompetente". "Non só recoñezo todas as competencias constitucionais e estatutarias senón que, mentres sexa presidente, traballarei todos os días pola súa implementación", replicou Núñez Feijóo, antes de avisar a Vázquez de que o Parlamento galego "aproba leis" que máis tarde o "seu partido" (o PSOE), dende o Goberno central, leva ó Tribunal Constitucional.

A cartilla de desemprego fronte ó programa de ZP

Mentres Feijóo lles esixía competencias na materia a Madrid, Vázquez amosoulle un documento afirmando que "esta é a cartilla de desemprego que teñen máis de 245.000 galegos e pon Xunta de Galicia", antes de esixirlle a Feijóo que "non se ría nin se esconda dos parados". "Ten todas as competencias transferidas desde o ano 97", advertiu, para recordar, ó tempo, que Feijóo "prometeu solucionar o problema do paro en 45 días" e alcanzar "o pleno emprego" no seu programa electoral, o que interpretou como "un engano" os cidadáns.

No polo oposto, o titular do Goberno galego contestoulle a Vázquez que "o único programa" que prometía o "pleno emprego" foi o do PSOE, durante a última campaña de Zapatero. "Supoño que defendelo (a Zapatero) vaille no soldo, pero non se lle ocorrerá dicir que o problema de non cumprir o pleno emprego que prometeu o PSOE é das políticas da Xunta, ¿ou si?", preguntou.

Tamén 'Pachi' Vázquez acusou a Xunta de intentar maquillar os datos do paro cunha orde para aplicarlles un código novo ós desempregados que levan sen "recibir servizos nos últimos anos", coa finalidade de que deixen de computar nas listas de paro rexistrado. Fronte a iso, a Consellería de Traballo asegura que esta medida emana "dun preacordo" alcanzado no marco do diálogo social e que, con ela, se busca intensificar a actuación sobre colectivos "prioritarios" de persoas en situación de desemprego.

Na sesión de control da Cámara, Vázquez denunciou que a Xunta habilitou "un novo código" para os demandantes que levan nos últimos anos "sen recibir servizos" co fin de que este grupo "deixe de computar" na lista de paro rexistrado e pase a un estado denominado "suspensión por proceso de orientación". Pola súa banda, Alberto Núñez Feijóo evitou polemizar sobre este asunto e limitouse a defender a actuación do Executivo galego durante a súa intervención. Tras o debate, membros do equipo de Vázquez facilitáronlles ós medios un documento que, segundo explicaron, procede da intranet da Xunta, e no que se notifica este "aviso de suspensión" e o seu correspondente código "S-698", que o Goberno galego poría en marcha para intentar diminuír o número de persoas que figuran nas listas do paro na comunidade.

Este documento -con data do 14 de febreiro- sinala que esta situación administrativa denominada "suspensión por proceso de orientación" aparecerá no caso dos demandantes de emprego que, de acordo coa base de datos do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG), non recibiron "ningún servizo nos últimos anos".

Para poder liquidar esta situación, continúa o aviso, deseñouse "un procedemento de derivación" destes demandantes ó servizo de orientación para avaliar as accións "a emprender con eles". Para os efectos de identificalos, engade, "estableceuse a devandita suspensión por proceso de orientación". Por último, o documento subliña que, unha vez realizadas as accións pertinentes, a suspensión finalizará "reactivándose a demanda".

Traballo: "É un preacordo do diálogo social"

Pola súa banda, fontes da Consellería de Traballo explicaron que o código denunciado polo PSOE non só non é novo, senón que "xa existe e é de aplicación por parte do Estado e doutras comunidades". Pola contra, os socialistas aseguran que non está incluído na listaxe oficial de situacións administrativas que dan lugar "a suspensións" da lista do paro rexistrado.

A Xunta sinalou que este aviso se produce por mor dun preacordo alcanzado hai tres semanas na mesa do diálogo social e que está pendente de ratificar. O seu obxectivo sería actuar "ó longo dun ano" sobre un total de 56.000 parados de longa duración e menores de 30 anos de idade, un colectivo considerado prioritario de actuación.


Mato falará coa Fegamp para cooperar en emprego

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, anunciou que convocará a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para abordar o sistema de repartición do fondo de cooperación de fomento de emprego e conseguir que este sexa "máis eficaz" e chegue da forma "máis axeitada" aos desempregados.

Díxoo despois de "recoller a luva" lanzado polo deputado do BNG Henrique Viéitez quen, durante unha interpretación promovida polo socialista José Tomé, pedira "consenso" para a repartición destes fondos. "Vostede pedíame que falase cos concellos e vouno facer, vou convocar a Fegamp", anunciou no último compás da súa intervención. Beatriz Mato subliñou que falará cos municipios para conseguir que "dalgún xeito sexa máis eficaz e que se acheguen (os fondos) a todos os desempregados da forma máis axeitada", e de forma "independente dos vaivéns da conxuntura económica".

Previamente, a conselleira recalcara que o Executivo autonómic "non "pode decidir" para que se destinan os fondos que recibe do Goberno central, é dicir, que os fondos que son para cooperación (directamente para crear emprego) non se poden utilizar para o programa de formación (de fomento da empregabilidade).

Beatriz Mato tamén aseverou que o propósito da Xunta é lograr un "equilibrio entre o rural e a zona urbana" e rexeitou os reproches do deputado socialista sobre "desproporción e partidismo" na repartición dos fondos de cooperación. A titular de Traballo incidiu en que a consellería "non ten capacidade de destinar" as partidas en función do programa ó que queiran destinar os fondos e recalcou que a nova orde de axudas recolle distintos criterios e ten como obxectivo o "equilibrio e a solidariedade entre territorios".

Pola súa banda, o deputado do BNG considerou que a Xunta "non é capaz de discernir entre partido e goberno", pero recoñeceu que na convocatoria de axudas para concellos deste 2011 retoma os criterios da convocatoria de 2009, o cal atribúe a que en 2010 "foi un desaguisado".
Fuente: Galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg