Economistas

'Podería atenderme en galego?' Que se use o galego depende de nós! Que se use o galego depende de ti!

galego.gif

Reproducimos o artigo artigo publicado polo presidente da Mesa no diario Galicia Hoxe:

Podería atenderme en galego?
Que as administracións usen a nosa lingua depende de ti!

O galego, ademais de ter recoñecido o carácter estatutario de "lingua propia" de Galiza (que supón o mandato concreto de potencialo), é idioma oficial das administracións situadas en Galiza. É oficial de todas: da estatal, da autonómica e das locais.

Isto quere dicir que coa Xunta, coas universidades, cos concellos e deputacións, coas empresas públicas, cos órganos da administración central con delegación en Galiza, temos dereito a:
- Falarmos en galego.
- Entregarmos escritos en galego.
- Que respondan en galego aos nosos escritos.
- Que os formularios estean en galego.
- Que a publicidade sexa en galego.
- Que a páxina web estea en galego.
- Que a sinalización das dependencias administrativas con sede en Galiza estea en galego.
- Que a traballadora ou o traballador nos atenda e nos responda en galego.

Hai un marco legal que lle dá soporte a estes dereitos (por moito que poida lamentalo o actual presidente da Xunta!). Por iso, unha actitude de reclamación individual firme, persistente e intelixente terá resultados moi efectivos.

A atención oral

Esta semana imos centrarnos no último dos dereitos antes relacionados. Todas as persoas deberiamos ser atendidas oralmente en galego en calquera administración (o Concello, a Axencia Tributaria, etc.) ou empresa pública (RENFE, Correos, etc.), tanto se estamos presencialmente como se realizamos as xestións a través do teléfono.

No caso de non nos atenderen de inicio no noso idioma, o mellor que podemos facer é... solicitalo explicitamente: "Por favor, podería atenderme en galego?"

Esta solicitude pode acompañarse dun sorriso franco, pois na maioría dos casos se non se nos responde en galego non é por ningunha actitude contraria ao galego, senón por inercia ou, mesmo, por descoñecemento de que existe tal obriga na atención á cidadanía. Por propia experiencia, sei que en moitas administracións abonda con facer a solicitude para que se mude a lingua sen ningún tipo de problema.

Se for oportuno, podemos recordar que se trata dun dereito amparado pola lexislación. Abonda con indicarmos iso e non é necesario lembrarmos cales son as normas en concreto, mais, por se foren de axuda, son estas:

a) Art. 6.1 da Lei 3/83, de normalización lingüística: "Os cidadáns teñen dereito ao uso do galego, oralmente e por escrito, nas súas relacións coa Administración Pública no ámbito territorial da Comunidade Autónoma".

b) Art. 54.11 da Lei 7/07, do estatuto do empregado público: Os empregados públicos "garantirán a atención ao cidadán na lingua que o solicite sempre que sexa oficial no territorio". Penso que é importante que isto fique claro, aínda que sexa á custa de repetilo: o Estatuto Básico do Empregado Público afecta ao conxunto do persoal funcionario e laboral que está ao servizo das Administracións, como a Administración Xeral do Estado, das comunidades autónomas, das entidades locais, universidades públicas, así como os organismos, axencias e demais entidades de dereito público con personalidade xurídica propia, vinculadas ou dependentes de calquera das Administracións.

Se a traballadora ou o traballador da Administración ou da empresa pública pasa a falarnos en galego, pódese agradecerlle a súa amabilidade cando finalicemos a xestión.

Porén, se mesmo despois de o solicitarmos non podemos continuar recibindo a atención no noso idioma, o mellor é non entrarmos en discusións de ningún tipo nin perdermos os nervios ou o tempo. Trátase simplemente dun dereito e de que hai que aplicar a lei.

Ás veces poderemos encontrarnos con casos en que, por facermos a solicitude, teremos que escoitar cousas do tipo "¿Y por qué quieres que te atienda en gallego?" ou mesmo "¡Ya vienen los del Bloque!". Non caiamos na trampa. Non imos a esa administración ou entidade pública para debatermos sobre as nosas preferencias ideolóxicas, relixiosas, lingüísticas ou culturais. Imos para realizarmos unha xestión, a que for, e temos o dereito a realizala en galego e recibindo atención en galego. Os dereitos non se discuten: exércense. Se nos enfadamos, seremos os primeiros prexudicados, pois contribuirá a queimarnos.

Unha opción neste caso é solicitarmos que nos atenda outro traballador ou outra traballadora que si saiba galego. Se isto non for posíbel ou implicar tempo de agarda ou algunha outra dificultade, talvez o mellor será continuar coa xestión e, posteriormente, realizar unha queixa por escrito na Administración ou empresa correspondente.

No caso de que houber unha atención deficiente ou un trato humillante por realizarmos a solicitude, na queixa debe especificarse que non só non nos atenderon en galego, senón tamén describirmos con brevidade o acontecido: Se tivemos que agardar máis tempo do debido, cal foi a resposta, etc. No escrito de queixa é bo que procuremos a concisión e a efectividade: Vaiamos ao punto que queiramos subliñar e pidamos resposta por escrito.

É recomendábel que, a maiores, encamiñemos a nosa queixa á Mesa pola Normalización Lingüística, á Secretaría Xeral de Política Lingüística e ao Valedor do Pobo, para que fique constancia do acontecido e fagan o posíbel para solucionala. Podemos utilizar o correo electrónico ou as súas páxinas web, gañando así en axilidade:

a) A Mesa pola Normalización Lingüística.- É unha entidade cidadá, coa consabidas limitacións humanas e económicas, mais daralle máis eco e máis forza á nosa queixa. Os correos de contacto son amesa@amesanl.org ou linhadogalego@amesanl.org

b) Secretaría Xeral de Política Lingüística.- É o departamento do Goberno galego que ten como finalidade promover o idioma da Galiza e defender os dereitos lingüísticos. É sabido que o seu funcionamento actual deixa moito que desexar, mais ten obriga de tramitar e responder a nosa queixa: sxpl.secretaria@xunta.es

c) Valedor do Pobo (se a entidade é do ámbito local ou autonómico) ou Defensor del Pueblo (se é para a Administración do Estado ou entidades estatais).- Tamén teñen a obriga de tramitar e de responder a nosa queixa. No caso do Valedor, o escrito enviarémola a rexistro@valedordopobo.com e, no do Defensor, podemos dirixilo desde a súa páxina web: www.defensordelpueblo.es

Que se use o galego depende de nós! Que se use o galego depende de ti!

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg