Isto é unha burla!!! A Xunta: investidora en NCG? qué opinan Moreda e Barcón?
Moreda: Político profesional, Vicepresidente de NovaCaixaGalicia, presidente de la Diputación de A Coruña (1989-1995 y de nuevo desde 2003), Diputado en el Congreso de los Diputados (1979-1996), senador (1996-2000), concelleiro de A Coruña desde 1987, Miembro del Consejo de Administración y de la Comisión de Retribuciones de NovaCaixa Galicia y secretario general provincial del PSDG-PSOE en A Coruña, etc, etc., , otra vez más, candidato a concejal en A Coruña: INCREÍBLE PERO CIERTO.. y pretende continuar!!! La nómina es la nómina.
Mar Barcón, Política profesional, Consejera de NovaCaixaGalicia, Diputada en el Parlamento de Galicia (desde el 2005 hasta la actualidad) y ex-Portavoz de Ordenación Territorial, Urbanismo y Vivienda en el Parlamento (Grupo PSOE), Concejala del Concello de A Coruña -Servicios Sociales y URBANISMO (1999-2009)-, Secretaria de Organización del PSDG-PSOE (2008-2009) y Portavoz y Secretaria de Coordinación, Acción electoral y Política Municipal del PSDG-PSOE. Otra vez más, candidata a concejala en A Coruña: INCREÍBLE PERO CIERTO.. y pretende continuar!!! La nómina es la nómina
O aliado público de Novacaixagalicia non ten por que ser, exclusivamente, o Fondo de Restructuración Ordenada Bancaria (FROB). A Xunta, segundo economistas consultados por este xornal, ten unha vía que utilizar ó seu favor para lograr un dobre obxectivo: converterse no grande aliado temporal que garanta unha capitalización á galega do banco que xurdirá en maio, e realizar un investimento que lle reportará uns importantes dividendos que repercutirán non nun fondo de investimento foráneo, senón no conxunto da sociedade.
Non é tempo nin hai capacidade de sobreendebedarse, e menos nunha comunidade que cumpre a machada co Pacto de Estabilidade. Con todo, hai unha vía a explorar que non computaría dentro dos criterios de déficit excesivo: a débeda das empresas públicas, que se limita en Galicia a 242 millóns de euros, apenas un 0,4% do PIB, segundo os últimos datos do Banco de España. Elevala dous puntos, ó 2,4% -a media española é 1,6%-, permitiría contar con algo máis de mil millóns que se poderían ser investidos, temporalmente e logrando importantes réditos, pola Xunta en NCG.
Así se podería limitar a exposición ó FROB e a capital foráneo especulativo. Habería que buscar o vehículo específico, a sociedade pública instrumental, e atar posibles os baleiros legais, pero a soa achega de Novacaixagalicia ó PIB galego probaría que se trata dun investimento no tecido produtivo galaico.
Un partidario desta xolución sería o profesor de Economía Aplicada da Uvigo Santiago Lago Penas, quen ve difícil que a NCG lle baste con colocar menos da metade do seu capital: é consciente de que para atraer a investidores "o precio por acción terá que ser un choio", irrechazable. Caixabank deu o salto cun desconto sobre o seu valor en libros do 20% e en Bankia (de Caja Madrid e Bancaja) fálase do 40%. Novacaixagalicia non se salvará desta dinámica.
Lago Penas ve estratéxico que a Xunta se expoña a dar este paso: "Será un investimento de gran rentabilidade, un negocio claro no que investir", alega. Se a caixa galega é capaz de lograr no ámbito privado os 1.527 millóns sen ceder máis do 50%, "estupendo", pero se non, está a vía xa adiantada por este periódico a semana pasada, a do "accionista pacífico", que a cambio de rendiemento permitise executar un plan de negocio que recolle beneficios desde o primeiro ano, que repartir entre obra social, reforzar recursos e aboarlles o dividendo ós seus investidores.
Se a Xunta se atopase entre eles, ademais do seu parte no beneficio, vería como a caixa recompraba as accións, demostrando que se trata dun investimento cun alto interese.Lago sinalaba onte a posibilidade de que para lograr o obxectivo haxa que habilitar unha fundación -por baixar o capital controlado por NCG no seu baixo do 50%-, polo menos temporalmente, unha fórmula que defendían onte os economistas pontevedreses en boca do seu decano-presidente, Juan José Santamaría, quen estimou que o decreto de reforzamento financeiro deixa a Novacaixagalicia nunha situación "moi difícil". A opción máis probable é a de "transformarse nunha fundación" e así tratar de "salvar a obra social", segundo informou a nosa delegación en Vigo.
Para os economistas, o tempo é insuficiente
Nunha roda de prensa en Vigo, Santamaría explicou que a "principal limitación" do citado decreto é a de esixir o cumprimento dos requisitos en practicamente "tempo cero", posto que o prazo para que a caixa galega intente conseguir capital necesario para cumprir as novas esixencias é "insuficiente".
Así, considerou que, con este novo decreto, NCG queda en situación "moi difícil" e que "case habería que pedir un milagre", ao tempo que explicou que as opcións que quedarían "non son as máis desexables". Respecto da opción de que Novacaixagalicia conte cun banco e exerza o control sobre el, considerou que é "bastante difícil" que poida conseguilo.
Non obstante, o presidente dos economistas afirmou que haberá que esperar á "rolda de contactos" que realice a caixa para captar capital e á venda que pretende de 300 oficinas da súa rede, xunto co seu negocio asociado.
SANTI RIVEIRO /galicia hoxe





Comentarios
un par de puntualizaciones....
Me gustaría saber donde están ahora los medios de comunicación que ocultaron los favoritismos en las contrataciones en Caixa Galicia.
Y también me gustaría saber si conocéis a alguien que Caixa Galicia le haya concedido un préstamo en mejores condiciones que las de mercado o con menos garantías....
Todo esto es una burla¡¡¡
Publicado por: julio | Marzo 15, 2011 10:32 AM