Economistas

Debate sen consenso

Sen consenso. O segundo debate de política xeral da era Feijóo rematou onte sen acordos clave para o futuro de Galicia. Os motivos esgrimidos polo PPdeG: a falta de propostas dunha oposición que vive "de costas á realidade". Os de PSdeG e BNG: a falta de ambición do Goberno galego, que fixo caer en saco roto os grandes pactos do último debate en torno a un Plan de demografía "que non chegou nin ós orzamentos" e un de reactivación económica que quedou na nada.

Os maiores éxitos para o Goberno: o apoio do BNG para reclamar ante o Estado os 805 millóns en materia de financiamento autonómico -sen descartar a vía xudicial para logralo-, así como a retirada do recurso contra o catálogo priorizado de medicamentos; e o do PSdeG para reclamar un trato igualitario das entidades financeiras que garanta o futuro ligado á nosa comunidade de Novacaixagalicia.


Só o apoio a Clesa logra a unanimidade da Cámara

Xa en solitario tiveron que aprobar os populares dúas das súas grandes propostas para reactivar a economía e as infraestruturas de Galicia e que, tamén, pasaban por reclamancións ó Estado: a demanda do cumprimento do Pacto do Obradoiro para a chegada do AVE a Galicia e para que se proceda á adxudicación do contrato "antes de que finalice 2011", así como máis competencias en materia laboral para lograr a "plena autonomía nas políticas activas de emprego". Coa unanimidade da Cámara só se conseguiu sacar adiante unha única iniciativa, presentada polos populares: a relativa ó apoio dos traballadores de Clesa en Caldas de Reis. Tras transaccionar catro propostas socialistas e dúas dos nacionalistas, o PPdeG tamén amosou o seu rexeitamento á implantación do copago sanitario, ademais de acordar a posta en marcha no seo do Parlamento dun texto que dea lugar a unha nova Lei do solo para Galicia.


Tirapuxa entre Caride e Pilar Rojo polas votacións

O Parlamento logrou, así, aprobar unhas 62 iniciativas, non sen antes asitir a un duro enfrontamento entre a deputada socialista María José Caride e a presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, polo sistema de votación.

A pesar de que as 37 proposicións de resolución presentadas polo PPdeG onte na Cámara foron definidas polo deputado Pedro Puy como as "fundamentais para saír da crise", a oposición asegurou que o maior problema dos galegos -a situación económica e o desemprego- non foi tratado polo Goberno na Cámara. "Non hai goberno e o presidente non está á altura", asegurou a nacionalista Ana Pontón, quen acusou a Feijóo de "fracasar" en todas as frontes que ten abertos o país: financiamento, caixas, loita contra a crise e desemprego. Máis alá foi o voceiro do PSdeG, Abel Losada, quen acusou os populares de vivir nunha realidade paralela -para o que fixo uso do mito da caverna de Platón- e acusou a Xunta de "derrotismo e incapacidade". Para tentar paliar esta situación, tanto BNG como PSdeG presentaron toda unha batería de iniciativas dedicadas a potenciar os sectores produtivos da comunidade, que foron definidos por Puy como un "conxunto de plans e informes". Fronte a isto, o deputado popular presentou varias propostas en relación co impulso de sectores estratéxicos da comunidade, así como á petición de "plena autonomía" para lexislar e executar políticas activas de emprego, co que deu por "probado" que, a diferenza do que asegura a oposición, a Xunta "si" ten política económica.

Os servizos sociais e o autogoberno foron os outros dous temas que marcaron o debate de política xeral. Rexeitar o financiamento público-privado para a posta en marcha de novas infraestruturas sanitarias e a posible implantación dun copago sanitario, reducir as listas de espera e conseguir unha maior transparencia nos datos e lograr unha maior atención ós dependentes foron as principais peticións dos grupos da oposición. Fronte a isto, os populares insistiron na proposta realizada por Feijóo no seu discurso: poñer en marcha unha Lei de garantías de prestación sanitaria, cuxo financiamento dependerá, non obstante, "de que o estado lle dea a Galicia 243 millóns do fondo de cooperación que esixe á Xunta". Deste xeito, os populares volveron ollar cara ó Estado, ó que lle piden que cumpra co financiamento fixado por lei para poder cumprir cos dependentes.

A necesidade "urxente" de reformar o Estatuto de Autonomía de Galicia foi formulado de forma intensa tanto polo BNG e PSdeG, que o ven fundamental para que o noso país gañe peso no conxunto do Estado. Tras o discurso "autonomista" e "galeguista" de Feijóo -tal e como o definiu o propio presidente-, o PP rexeitou esta petición, aprazando unha vez máis unha das materias pendentes da comunidade: lograr un maior autogoberno.
Fuente y autor: R. FERNÁNDEZ/Galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg