Economistas

Freada ó biodiésel

Cos gobernos de medio mundo tremendo por unha crise petrolífera global, os denominados combustibles "verdes", como o biodiésel, estaban chamados a ser a alternativa pero a súa proliferación semella que cada vez se atopa con máis freadas, sobre todo porque a aposta definitiva pola automoción en Europa semella que é o coche eléctrico. En Galicia, este inpass xa se está a notar, agravado coas masivas importacións desde Arxentina e Indonesia, "en clara competencia desleal", como vén denunciando o BNG a través do seu representante no Congreso, Francisco Jorquera, e o seu voceiro de Industria na Cámara galega, Henrique Viéitez.

Onte precisamente, os nacionalistas presentaron unha proposición non de lei na Cámara Baixa na que lle reclama ó Goberno publicar a orde ministerial elaborada en 2010 que lle asigna unha produción por riba dos cinco millóns de toneladas, por enriba dos 1,3 da demanda total estatal, ás factorías españolas e europeas, e que Industria "parece manter paralizada" a pesar da "preo- cupante" situación do sector.

De todos os modos, Henrique Viéitez avisa que "non será a panacea, porque as materias primas, maioritariamente aceite de palma e colza, seguirán vindo de onde procede o biodiésel xa feito, polo que vexo un futuro complicado".


Unha en expediente, outra sen producir e varias a medio gas

O responsable de Industria do Bloque debulla un panorama galego case desolador, a pesar de que as plantas produtoras "medraran como fungos" hai uns anos, e cunhas cifras de produción con potencial: 112 millóns de toneladas de biodiésel e 200.000 de bioetanol só na comunidade. Agora cambiou o conto e un dos máximos expoñentes, Infinita Renovables, no Porto Exterior de Ferrol, negocia un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) con máis de medio cento de postos de traballo na picota, e Entabán, tamén en Caneliñas, recibiu ata catro millóns de euros en subvencións pero non chegou a producir. Nunha situación similar viven as fábricas de Eulen en Narón e as máis pequenas de Biocarburantes Galicia (BGal), na localidade lucense de Begonte, e Biovigo Energy, en Curtis, unha das últimas en asentarse.

A produción de biocarburantes, polo tanto, corre serio perigo de desaparecer do tecido industrial galego, e todo pola ameaza das importacións a prezos cos que non se pode competir, primeiro de Estados Unidos e, actualmente, de Arxentina e o sudeste de Asia. Para Viéitez, os carburantes verdes atopáronse ademais "cunha reacción moi negativa por parte dos fabricantes de automóbiles, porque deben adaptar os motores para reponder con estes produtos de orixe vexetal, posto que só admiten unha pequena cantidade a mesturar co diésel convencional". Ademais, o frontista denuncia prácticas de dumping de países como Estados Unidos, porque segundo as súas informacións, parte do carburante procedente de Indonesia vén do xigante americano.

Ademais, o biodiésel pode ficar definitivamente descartado como a enerxía do futuro e unha alternativa real ós derivados do petróleo pola aposta decidida da maioría dos gobernos europeos polo desenvolvemento do coche eléctrico, se ben Bruxelas se marcara o obxectivo de que os biocarburantes supuxeran o 10 por cento da enerxía empregada no 2020, un 5,83% en España, unha meta máis que difícil de lograr no marco actual, segundo indican os principais analistas na materia.

Para Henrique Viéitez, co caso do coche eléctrico seguirase caendo no mesmo erro: apostar só a unha carta a nosa dependencia enerxética. "Xa veremos se estes automóbiles son o futuro, tamén se fala moito da pila de hidróxeno, pero o que non se pode é apostar por unha soa tecnoloxía. O que creo é que se optará polo que máis lles conveña ás multinacionais", indica o portavoz de Industria no Parlamento galego do BNG.


Nin os fabricantes nin os políticos apostan xa

Os biocarburantes, polo tanto, perfilábanse como a grande esperanza verde no eido das enerxías limpas e como solución á perigosa dependencia do petróleo, e a primeira fase de introducir ata un 5 por cento de combustible vexetal en todos os depósitos está case superada, pero o paso máis, o de adaptar os coches para asumir mesturas cunha concentración maior, xa ofrece máis incerteza.

Nin os gobernos dos principais países da Unión Europea, nin os fabricantes da automoción parecen apostar por este cambio "de mentalidade", o que semella que os biocarburantes se descolgan da carreira da enerxía sustentable, tamén porque a xeneralización dos B20 e B30 (mesturas cun 20 e 30% de biocarburantes), está aínda máis afastada... ou máis verde.

Infinita Renovables: da panacea ó ERE en Caneliñas

Infinita Renovables soñaba coa panacea no Porto Exterior de Ferrol cunha planta para producir biodiésel, pero a estratexia empresarial seguida, e a competencia desleal das importacións de terceiros países avocou a factoría a presentar un Expediente de Regulación de Emprego (ERE).

A factoría conta con 56 traballadores, dos que a súa caes totalidade se verían afectados pola medida, que se estendería ata o 2012, pero non son os únicos, porque tamén as instalacións de Castellón semella que correrán a mesma sorte, a pesar dunha maior aposta da dirección de IR pola fábrica do levante.

O presidente do comité de empresa, Ángel Miguel Fernández Permuy, da CIG, comanda as mobilizacións iniciadas polo cadro ferrolán cunha dobre intención, segundo explica: "instar a empresa para retirar o ERE" e, por outra, recordarlle ó Partido Socialista o seu compromiso de aprobar este ano unha "orde ministerial que limite a entrada de biodiésel foráneo" e que, loxicamente, reduce o mercado do biocombustible fabricado en España e Galicia.
Fuente y autor: MARTA RODRÍGUEZ /Galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg