Futuro negro para NCG
Resulta curioso el silencio de los señores/as Fernández Moreda y Mar Barcón, significados socialistas y miembros del consejo de la entidad. Uno y otro competirán en las próximas elecciones municipales y han optado por la ortodoxia. No enfadar al patrón político y conservar la gratificación económica de la entidad a la que dicen servir.
Moreda: Político profesional, Vicepresidente de NovaCaixaGalicia, presidente de la Diputación de A Coruña (1989-1995 y de nuevo desde 2003), Diputado en el Congreso de los Diputados (1979-1996), senador (1996-2000), concelleiro de A Coruña desde 1987, Miembro del Consejo de Administración y de la Comisión de Retribuciones de NovaCaixa Galicia y secretario general provincial del PSDG-PSOE en A Coruña, etc, etc., , otra vez más, candidato a concejal en A Coruña: INCREÍBLE PERO CIERTO.. y pretende continuar!!! La nómina es la nómina.
Mar Barcón, Política profesional, Consejera de NovaCaixaGalicia, Diputada en el Parlamento de Galicia (desde el 2005 hasta la actualidad) y ex-Portavoz de Ordenación Territorial, Urbanismo y Vivienda en el Parlamento (Grupo PSOE), Concejala del Concello de A Coruña -Servicios Sociales y URBANISMO (1999-2009)-, Secretaria de Organización del PSDG-PSOE (2008-2009) y Portavoz y Secretaria de Coordinación, Acción electoral y Política Municipal del PSDG-PSOE. Otra vez más, candidata a concejala en A Coruña: INCREÍBLE PERO CIERTO.. y pretende continuar!!! La nómina es la nómina.
A fórmula elixida por Novacaixagalicia para cumprir cos novos requisitos de capital impostos polo Executivo central basearase na captación de investidores estratéxicos privados e na presenza temporal de capital público a través do Fondo de Reestruturación Ordenada bancaria (FROB). Ademais, tras catro semanas de "intensas negociacións, contactos e exploracións do mercado", o consello de NCG valorou a importancia de seguir cos trámites para a constitución dun banco propio no que participarán investidores de diferentes sectores "que están dispostos a tomar unha participación significativa no seu capital". Un "interese" ante o que a entidade concentrará os seus esforzos para captar capital privado, minimizando así a achega do FROB, que fontes da máxima solvencia consultadas por este xornal cifran en 2.222 millóns de euros. Neste sentido, segundo as mesmas fontes, desde o despacho de Uría e Menéndez e a consultora Deloitte consideran que xerar recursos para liquidar dita cantidade en dous anos a un interese do 8% vai ser unha tarefa "complicada", aínda que se mostran optimistas sobre a capacidade de Novacaixagalicia.
Desde a caixa xa se está ultimando un "plan orgánico de capitalización interna" que permitirá reducir entre 650 e 1.000 millóns de euros os requisitos de capital principal fixados polo Banco de España, de 1.527 millóns en caso da esixencia de core capital sexa do 8% e de 2.622 se fose do 10%. Unha acción, recordan, que está prevista no Decreto Lei 2/2011 para axustar o cociente de capital. Esta alternativa, para a que a caixa buscará vender activos, reducir a carteira de morosos e reestruturar débeda, permite que a base sobre a que se calcula a porcentaxe de capital principal (os activos ponderados por risco) se minore, co que tamén se reduce a cantidade de capital que, en termos absolutos, debe captar para cumprir os novos requisitos.
Os encargados de presentar dita fórmula ós vogais do consello foron onte o copresidente de NCG, Julio Fernández Gayoso, o director xeral da caixa, José Luis Pego, e o director xeral adxunto, Javier García de Paredes, quen insistiron en que hai que pelexar por buscar investidores privados, anunciándolles que a caixa creará unha fundación cos activos "limpos". No entanto, o consello de administración da caixa tamén valorou positivamente a presenza temporal do FROB entre outros accionistas do capital de NCG como un "reforzo de estabilidade" mentres a caixa desenvolve a súa renovación. Nunha segunda fase, o proxecto deseñado prevé a saída a Bolsa do banco asociado, dando entrada a pequenos accionistas e outros investidores institucionais, o que permitirá a saída do FROB como accionista.
Gayoso confía en que MAFO diga OK
A fórmula mixta será a opción principal-aínda que se proporá unha máis, que non se fixo pública- que será remitida o vindeiro luns ó Banco de España e que, unha vez aprobada polo supervisor, centrará o traballo da caixa co obxectivo de dispor do capital esixido nos prazos previstos pola normativa española. Fernández Gayoso, tras un consello que se prolongou por espazo de tres horas, mostrou a súa confianza en que a entidade que goberna Miguel Anxo Fernández Ordoñez (MAFO) dea o "ok" ó proxecto, engadindo que a caixa traballa "con toda intensidade". Sobre a captación de capital privado, aludiu a "capitais galegos, por suposto, e non galegos tamén", recordando que a entidade é "de ámbito nacional" e tamén "internacional".
Sorpresa pola compra de bonos
Outro dos aspectos que debateu onte a cúpula de NCG foi o acudir ou non á emisión de bonos convertibles en accións do Pastor. A caixa é o segundo máximo accionista e necesita desembolsar 14 millóns para manter a posición. Varios conselleiros se manifestaron en contra do desembolso, non obstante a presidencia de NCG convenceu ós opositores sobre a necesidade do investimento. "Hai que ser cabaleiros", díxose na reunión.
Non a investir no exterior
Antes do Consello de Administración tivo lugar unha reunión da Comisión de Investimentos na que se ía tratar o apoio de NCG a un multimillonario préstamo, avalado e presentado por un ex alto cargo da entidade (antes da fusión), para realizar unha investimento nun país estranxeiro. Non obstante, dado os problemas de liquidez que presentan as firmas galegas, o crédito foi denegado.
Sorpresa de Feijóo porque algúns asuman a "discriminación" do ente
O presidente Feijóo mostrou onte a súa "sorpresa" polo feito de que "algúns líderes políticos galegos" -en clara referencia ó xefe de filas do PSdeG, Pachi Vázquez-, "dean por asumida a discriminación" do Goberno a NCG, un proxecto financeiro "que foi avalado polo Banco de España", recordou, e ademais, que vexan dita "penalización" como "algo normal", cando non o é". A reacción do responsable da Xunta chegou despois de que Vázquez dese por feito o día anterior que o Banco de España, a través do FROB, achegará os 2.622 millóns que necesita NCG, de cuxo accionariado podería saír de forma pactada ós dous anos.
"Sorpréndeme que se poida asumir unha discriminación que significa penalizar á caixa por sanearse, discriminala no FROB e no esquema de protección de activos (EPA)", criticou Feijóo tras a reunión semanal do seu Goberno, que se celebrou de forma extraordinaria na cidade de Ferrol. Tras decatarse destas declaracións, Vázquez lamentou desde Nigrán (Pontevedra) que Feijóo, "perda tempo buscando máis culpables que solucións" para NGC, e tamén recorreu á "sorpresa" para recriminarlle ó presidente a súa "insistencia" en "manter unha gran mentira" sobre a caixa e o "resultado" da fusión que "el mesmo impulsou".
Por outra banda, Feijóo asegurou que "seguirá traballando" pola "ambición colectiva" de manter unha entidade financeira "solvente" e "de referencia" en Galicia. Así, insistiu en que NCG ten "dereito" ó FROB 1, a un esquema de protección de activos (EPA) e a que se compute a efectos de capitalización "o seu saneamento adicional", unhas vías que estarían condicionadas a recibir o visto e prace do ministerio e do Banco de España. Ademais, remarcou onte que o EPA solicitado é "para segundas perdas", posto que as primeiras "están xa provisionadas". A proba de que a Xunta cre na "solvencia" do proxecto da caixa, argumentou, é que está disposta a avalar o 50 por cento, xunto co Branco de España, deste EPA para segundas perdas co fin de "facilitar" a capitalización da caixa.
Fuente y autor: ROI RODRÍGUEZ /galicia hoxe




