"Por un puñado de votos"

A proximidade das eleccións municiapis está tensando as cordas da polémica lingüÃstica dentro do Partido Popular (PP), que xa nos anteriores comicios autonómicos utilizou a cuestión para arrabuñar un bo puñado de votos entre os colectivos opostos á normalización do idioma propio do paÃs. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trata de frear de acalar o malestar para non botar máis pitelas ao lume da polémica lingüÃstica, motivo das máis multinarias manifestacións que o seu Goberno rexistrou des que chegou ao poder.
Porén, dous destacados candidatos municipais, Corina Porro e Carlos Negreira, presionan para que as teses antinormalzación entren en campaña. Os dous candidatos xa se caracterizaron nos últimos meses por defender teses próximas a Galicia Bilingüe e por unha actitude de escasa simpatÃa coa lexislación protectora da lingua propia en casos como o da toponimia.
Agora, segundo fontes próximas ao PP, ante unhas enquisas que non lle garanten a Corina Porro a alacaldÃa de Vigo e que afastan a Negreira de gobernar na Coruña, os dous candidatos intentan atraer un electorado sensible á defensa do castelán porque saben, en especial Corina Porro, que o triunfo pode ser cuestión dun mañuzo de votos.
O desbaraxuste lingüÃstico faise patente na campaña virtual desenvolvida polo PPdeG de cara ás muncipais. O partido de Feijóo non só adquiriu os dominios quere.com senón tamén quiere.com, ao que precede o nome de cada unha das cidades onde presentan candidatos. En Vigo, a actitude de Porro faise evidente no feito de que a páxina aparece unicamente en castelán, caracterÃstica que se repite en Ferrol, onde o candidato José Manuel Rey adoita falar en castelán. Nesta páxina, se se trata de poñer ferrolquere.com remÃtete de inmediato a ferrolquiere.com.
En Ourense, o galego é a lingua maioritaria, se ben se coan al- gunhas novas en castelán e a presentación do presidente do partido na provincia, Manuel Baltar, é no idioma propio de Castela. Pola contra, o candidato do PP por Lugo, Jaime Castiñeiros, mantén a web integramente en galego.
Tamén en galego é a web para Santiago se ben aquÃ, o candidado do PP, Gerardo Conde Roa, fala habitualmente en castelán e o seu blog utiliza de xeito monolingüe este idioma.
SUBVENCIÓNS Libertad LingüÃstica non quere que a Xunta apoie os normalizadores
A Asociación Nacional pola Libertad LingüÃstica (ANLL) acusou onte á Xunta de "desbaldir" 820.000 euros en subvencións destinadas a distintas entidades e que están ligadas "ó fomento exclusivo" da lingua galega, polo que considera "evidente" que o Partido Popular de Galicia (PPdeG) pretende "perpetuar" unha polÃtica "de imposición e primacÃa" deste idioma sobre o castelán.
Esta entidade refÃrese, en concreto, ás Ordes publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 1 e 4 de marzo respectivamente, polas que se publican a convocatoria de subvencións destinadas a implantar nos concellos "Oficinas de PolÃtica LingüÃstica" xunto con axudas á edición de recursos didácticos en lingua galega. Ambas destinan un importe por valor de 420.000 e 400.000 euros respectivamente.
Segundo considera a ANLL, ditas subvencións "presentan un difÃcil encaixe" coa sentenza do Tribunal Constitucional sobre o Estatut de Cataluña que, na súa opinión, "manifestaba claramente a ilegalidade" que supón a "preferencia" por parte da Administración "da lingua autonómica sobre o castelán". "Recordamos a todas as institucións que as sentenzas do Tribunal Constitucional han de ser acatadas en calquera parte de España", afirma nun comunicado a asociación.
Deste xeito, acusan o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de demostrar "nula vontade polÃtica" en lugar de apostar por "por un bilingüismo real que non pase por discriminar o castelán".
"Os complexos do PP lévano a imitar os nacionalistas na súa polÃtica lingüÃstica, a desentenderse das sentenzas do TC, a marxinar o castelán, a manter o clientelismo do antigo bipartito en materia lingüÃstica, e a facelo todo iso con base nun desbaldimento que se carga o peto de todos os galegos", conclúen.
Fuente: Galicia hoxe




