Economistas

Ser moderno = BNG

O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, advertiu de que o PPdeG "volverá mentir" na campaña electoral como fixo ata agora "masivamente", con cuestións como o concurso eólico do bipartito ou a aplicación da Lei de augas. Fronte ós populares, erixiu o Bloque como "única alternativa" e proclamou que esta formación é "imparable" , e como xa lles transmitira ós mozos no encontro da mañá, "o moderno é ser do BNG, que é falar, pensar, sentir e querer en galego".

"O noso éxito é o fracaso do PP", proclamou o líder nacionalista ante as 1.500 persoas -entre os que se atopaban os membros da Executiva e os deputados na Cámara galega- que conformaban o seu auditorio no Palacio de Congresos de Santiago, e do que saíron berros de "Non á guerra" á mantenta da intervención militar en Libia.

Tal e como indicou, "aquí está o BNG, ateigando esta sala e demostrando que hai alternativa, proxecto, hai solucións" e así se recolle nunhas listas que, tal e como apuntou, "están renovadas practicamente ó 50%". A todos estes candidatos e candidatas dirixiuse Guillerme para lles dicir "vós sodes a mellor demostración de que hai nazón, hai BNG, hai futuro".

Durante o seu discurso precedido de pequenas intervencións de 15 alcaldables, que o de Teo, Martiño Noriega, erixiu en "haikus", Guillerme Vázquez denunciou as "mentiras masivas" do PP e reclamoulle ó presidente da Xunta e ós populares galegos "propósito de emenda". "Por hixiene democrática, cesamento ós actores da campaña de difamación, ou se non, que se cese a el mesmo e así acabamos antes", proclamou dirixíndose a Feijóo.

Pola mañá, durante a súa intervención na convención electoral municipal que a forma­ción frontista celebrou onte en Santiago, nun encon­tro con candidatos meno­res de 30 anos, Vázquez instou os mozos para sumar ó proxecto nacionalista, "Moderno é falar, sentir e querer en galego. Defen­der a paz fronte a guerras económicas. Estar en con­tra das centrais nucleares". Animando a mocidade a unirse para "construír con­cellos democráticos", para -afirmou- construír país e nación, Vázquez defendeu que "con xente nova incor­porándose ás listas do BNG hai nazón e hai futuro".

Por iso, o líder nacio­nalista afirmou que o Blo­que é "a única alternativa fronte ó PP" e os seus políti­cas de "dereitas" que "non resolven os problemas" da xente. No encontro tamén interviñeron candidatos ás municipais menores de 30 anos, Xurxo Rodrí­guez, rexedor de Castrelo de Miño; Raquel Jabares, tenente de alcalde de Cu­lleredo; Óscar Ínsua, María Shantal e Anabel Gulías, entre outros.

Xa pola tarde, tras o saúdo de Xose Lois O Ca­rrabouxo, tocoulles a quenda ós candidatos dos prin­cipais concellos. Baixo o lema "Coa túa forza hai fu­turo", presentáronse como a única alternativa ó PP, con "grandes perspectivas, con mentalidade gañadora e a por todas".

Twitter e Facebook botaron fume toda a xornada

As novas tecno­loxías foron as protago­nistas na Convención municipal do BNG, na que dúas pantallas permitían visualizar os perfís en Facebook dos candidatos e, desde o inicio, a rede de ciberbloqueir@s púñase en marcha, para retransmitir a cita por Twitter e Fa­cebook. Así, os mem­bros deste colectivo introducían "tuiteos" e "post" comentando o que sucedía.

Segundo indicaron fontes dos nacionalistas, esta novidosa rede "tivo unha exitosa estrea", e aproximadamente un cento de internautas emitiron uns 2.000 tuiteos ou chíos durante todo o día, a maior parte durante a sesión de tarde, na que interviñeron os candidatos ás municipais e o portavoz nacional, Guillerme Vázquez.
Fuente: galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg