Economistas

Duro ataque de Feijóo a ZP na presentación dos 315 alcaldables do PPdeG

ppsoe.jpg

No outro extremo da península José Luis Rodrí­guez Zapatero toureaba onte o seu primeiro mitin logo de despexar o camiño da súa sucesión conminando ó Partido Popular a aproveitar a circunstancia para cesar nos ataques constantes ó presidente e dedicarse a elaborar un programa. Deste lado, nada máis lonxe da realidade. Núñez Feijóo, que onte se deixou arroupar polos seus 315 candidatos para a foto de familia, deixou claro que a marca ZP continuará sendo o maior activo nos ataques cos que os populares galegos queren aderezar as primeiras municipais ás que se enfronta ocupando a presidencia da Xunta.

Nun xesto inusual, Feijóo adiantouse onte cinco minutos ó horario previsto para a intervención ante os seus 315 apóstolos, co que conseguiu descolocar a algún dos periodistas que habitualmente os seguen e que xa se afixeron a que as roldas de prensa do Consello comecen sempre con atraso. Pero, lonxe de variar o rumbo ó que ten afeito ó seu pú­blico, tardou poucos minutos en converter a renuncia de Rodríguez Zapatero no novo torpedo á liña de flotación socialista.

As de onte eran as primeiras declaracións do líder dos populares galegos despois de que se coñecesen as intencións de Zapatero. Feijóo interpretou a noticia da véspera ante os seus candidatos como un xesto irresponsable do presidente que deixa ó país nunha situación de "provisionalidade" e cun Consello de Ministros convertido nun "casting de sucesores".

A reconversión da habitual andanada que Feijóo dedica ó presidente do Goberno en calquera das súas alocucións públicas levoulle a atcar ó PSOE por "desfacerse do seu pasado" contrapóndoo a un PP que onte se reunía no Multiusos de Sar para "construír o seu futuro".

Na arenga ós 315 candidatos do PP galego, Feijóo regodeouse na renuncia da véspera. "Por algo será", azuzó o presidente, que os socialistas se desfán" do seu máximo líder. O presidente do PPdeG non entrou a pedir as eleccións adiantadas que comezaron a reclamar os seus compañeiros de partido xa no minuto un pero cimentou a estratexia de Xénova asegurando que así Zapatero "deixará de ser un problema para o PSOE pero seguirá sendo un problema para o país".

O novo escenario polí­tico, no que a sucesión da cabeza visible do socialismo irrompeu con forza, non desvía ó PP de intentar converter ós seus adversarios en cómplices directos de Zapatero na vida municipal. Feijóo instou ós seus candidatos a buscar o "castigo nas urnas" a través dos seus sucesores, "dado que el non o quere recibir".

Do Yes, we can de Obama ó máis autóctono e proactivo Galicia quere. Este é o eslógan co que o PP galego animou onte ós seus candidatos a implicarse nun "cambio" nas municipais que Feijóo quere converter en precursoras da chegada de Mariano Rajoy á Moncloa. A consigna que trasladou onte ós seus candidatos a piques de comezar a carreira polos bastóns municipais pasa por deixar en segundo lugar a vitoria para pór no primeiro "a obrigación de presentar o mellor programa para cada un dos concellos". Todo iso acompañado coas instrucións de austeridade coas que os populares terán que comulgar.l

Recorrente identificación dos bipartitos co gasto e as disputas

Tras insistir nos puntais do seu discurso político que identifica coa austeridade, o rigor e a xestión da conxuntura socioeconómica, Alberto Núñez Feijóo remarcou que "abonda xa de perder diñeiro e abonda xa de perder tempo", xa que "España perdeu todo o seu diñeiro pola nefasta política económica dos últimos anos".

En Galicia, a "perda" de tempo e diñeiro achacouna aos gobernos bipartitos -BNG e PSdeG- que asociou ao gasto en asesores e publicidade, ou ás "súas divisións e disputas". "Temos que ser parte da solución e non parte do problema", subliñou Núñez Feijóo, segundo dixo, "ante aqueles que se cren donos dos seus concellos e das súas cidades".

Nesta liña, afirmou que o PPdeG non gastará diñeiro "en beirarrúas" ou "soldos de altos cargos", que "non se teñen" para os parados, pensións ou hospitais. "Non prometamos imposibles, senón fagamos todo o posible", sinalou.

AS FRASES Alberto Núñez Feijóo

"O PSOE desfíxose de Zapatero porque os socialistas cren que así xa non será un problema para o PSOE, pero o peor é que segue a ser un problema para España"

"Os concellos precisan de alcaldes que defendan os intereses do seu pobo, non as indefendibles actuacións do Goberno; que pelexen por un pobo con máis oportunidades, non co seu socio"
MONTSE CASTRO /Galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg