Economistas

Máis adelgazamento

O plan posto en marcha polo Executivo de Feijóo para eliminar a administración paralela da Xunta de Galicia leva emparella­da unha importante destrución de emprego público. Ata febre­iro, os despedimentos alcanzaban a 411 traballadores con contratos de ti­po temporal, segundo recoñeceu a Consellería de Presidencia. Pero sindicatos como UXT afir­man que a administración gale­ga contempla que ó final deste proceso a cifra chegue ós 1.000 traballadores.

Hai un ano a Xunta anuncia­ba o seu plan de racionalización de organismos dependentes do Go­berno galego, os coñecidos co­mo "chiringuitos". A rede contaba con 146 organismos e a Xunta analizara con lupa un total de 64 co obxectivo de evitar dupli­cidades e gañar eficiencia. O plan optaba por extinguir 42 entes ins­trumentais e por manter 16. O resto seguiría funcionando pe­ro integraríanse noutros entes xa existentes. Segundo afirmou onte Francisco Núñez, responsable de Función Pública de UXT, a extin­ción destes 42 organismos leva parello o recorte dos mil em­pregados que traballaban neles con contratos temporais. Os fi­xos manterán o seu emprego, pero pasarán a ter praza na Xunta de Galicia.

Unha vez que conclúa a extinción e integración do primeiro lote de 64 organismos, o Executivo de Fei­jóo pensa analizar tamén os 82 entes que aínda non se exa­minaron. No caso de que se apro­ben novas extincións, algúns traballadores temporais poderían tamén perder os seus postos de traballo.

Segundo UXT, ata 4.500 persoas poden chegar a traballar en toda a rede paralela da Xun­ta. Esta cifra, matiza Francisco Núñez, alcanzaríase no verán cando o total dos empregados en extinción de incendios están contratados por Seaga. Núñez asegura que o persoal fixo dos "chiringuitos" non é moi alto e alcanza a unhas 200 persoas. O sindicalista asegura que, segundo os seus datos, 47 delas traballaban nos 41 entes que o Goberno de Feijóo xa extinguiu.

UXT afirma que mira o plan de racionalización da adminis­tración paralela con escepticis­mo. "Non estamos de acordo coa destrución de emprego, pero si coa racionalización da admi­nistración", afirma.

Ademais, os recortes nas nó­minas de persoal debido á crise parece que están chegando tamén ás diferentes adminis­tracións públicas. As últimas cifras oficiais así o evidencian.

En xaneiro de 2008 os empregos públicos rexistrados na nosa comunidade ascendían a un total de 151.157, unha cifra que un ano despois se elevaba a 154.995. Nesa liña de progresión, en­tre xullo de 2009 e xaneiro de 2010, Galicia sumaba 5.420 novos tra­balladores públicos, co que o continxente de persoal ó ser­vizo das diferentes adminis­tracións se situaba en 159.000. Pero botouse o freo no segundo se­mestre do ano pasado, e a nómina de empregados públi­cos en Galicia caeu de 159.000 a 154.097, adelgazando en case 5.000 efectivos.

O SERGAS ASINA O PACTO DE CONTRATACIÓN

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, asinou onte cos representantes sindicais o Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal no ámbito do Sergas e entidades públicas adscritas a este departamento, que permitirá unha "xestión máis áxil, transparente e eficiente" da contratación temporal do Servizo Galego de Saúde. Os obxectivos principais deste documento céntranse, segundo recorda o Sergas, na simplificación do procedementos, introducindo maior axilidade na fase de elaboración das listas e xestión dos chamamentos; e a unificación dos criterios de selección de persoal fixo e temporal.

FALA A PATRONAL

Alvariño pide recortes tamén na administración

O presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), José Manuel Fernández Alvariño, reiterou onte a necesidade de acometer unha "reforma laboral profunda" nun momento en que o país está a vivir unha "clara desafección política". "Os políticos non namoran", abundou Fernández Alvariño nunha roda de prensa na que fixo fincapé en que o empresariado non vai "renunciar" a unha reforma que "non é cuestión de saír nunha fotografía", senón de abordar a regulación dos convenios colectivos e a "produtividade, non empresarial senón persoal, que é a que leva consigo a continuidade da empresa".

O presidente da patronal pontevedresa destacou tamén que os empresarios "adelgazaron" as súas empresas, reformadas en clave de "austeridade total", polo que lles esixen ás distintas administracións ese "mesmo adelgazamento". Por iso, considerou que chegou o momento de "abrir o debate" respecto da existencia de 315 concellos en Galicia. Ademais, anunciou tamén a súa intención de reunirse coas agrupacións comarcais dos sindicatos para pedir unidade.
Fuente y autor: N. SEQUEIRO/A. ARNÁIZ /Galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg