Economistas

Un decreto feble

Despois de xestións maratonianas e mil e unha reunións da Interprofesional Láctea, o Goberno cumpriu coa súa palabra e deulle onte o visto e prace no Consello de Ministros ó Real Decreto que establece a obriga de usar contratos escritos homologados en todas as transaccións de leite cru entre produtores e industria, unha medida que comezará a aplicarse cando entre en vigor o novo regulamento comunitario "nos vindeiros meses", e que responde ás demandas do sector gandeiro, sobre todo o galego, clave nas xestións, pero que "aínda demanda máis achegas" ó documento.

Segundo informou o Executivo central, o acordo deberá incluír tanto o volume como o calendario de recollida e o prezo do leite, co fin de que sexan coñecidos polos gandeiros antes da recollida do produto. O texto normativo recolle como se aplicará en España a contratación no marco do novo regulamento comunitario que será aprobado nos próximos meses e co que se atende a demanda posta de manifesto durante os debates do Grupo de Alto nivel do Sector Lácteo de elaborar a lexislación necesaria para fomentar o uso de contratos no sector, como elemento de maior estabilidade.


A ministra véo como unha ferramenta moi útil

Ó respecto, a ministra de Medio Ambiente, Rural e Mariño (MARM), Rosa Aguilar, destacou que "este decreto, xunto cos regulamentos da UE, vai ser unha ferramenta extraordinariamente útil para darlles respostas ás necesidades e a realidade que vive o sector".

Por outra banda, a posibilidade establecida na nova norma de que unha organización de produtores poida negociar en nome dos seus socios todos os termos dun contrato coa industria, "é totalmente novidosa no ordenamento xurídico español e constitúe unha importante oportunidade para os gandeiros de mellorar a súa posición na cadea de valor do leite".

En Galicia, a pesar de que valoran "este paso adiante positivo", aínda ven "máis sombras ca luces" de cara ó sector produtor. Desde Xóvenes Agricultores (XXAA), o seu secretario xeral, Francisco Bello, considera que "establecer a contractualidade é uha reivindicación á que se lle dá resposta, pero aínda quedan flocos importantes en materia de prezos e dúbidas sobre a actitude de Competencia", e lamentou que os gandeiros galegos sigan a cobrar "moi por debaixo da media", ante o que "algunha industria xa ameazou con non aplicar as subas que na situación actual do mercado permita no sector lácteo".

Convocar as mesas, materia pendente da Xunta

Pola súa parte, Unións Agrarias (UUAA) tamén critica o papel xogado polo Tribunal da Competencia, que cuestiona a legalidade do texto, e o seu secretario xeral, Roberto García, reclámalle ó Goberno central "que lle poña fin a estes discursos e actitudes nocivas". Ademais, esíxelle á Xunta "axilidade e eficiencia na execución do Decreto", e lémbralle a Medio Rural que aínda ten pendiente de convocar a Mesa do leite e de constituír a da gandeiría, "na que é vital que se analicen os incrementos brutais dos custos de produción e se aborde en profundidade a situación dos sectores cárnico e lácteo".

Se ben XXAA e UUAA sempre estiveron presentes na Interprofesinal Láctea e apoiaron os postulados do Decreto, o Sindicato Labrego Galego (SLG) sempre estivo en contra "por impedir a negociación colectiva dos prezos". Segundo a súa secretaria xeral, Carme Freire, o texto "é un atentado contra o sector produtor, porque obrigará a asinar contratos por debaixo dos custos de produción, ademais de privatizar o control". "Este Decreto esíxenos que contratemos a nosa produción de leite coas industrias, é dicir, as explotacións terán que asonar os contratos aínda que os prezos marcados non nos cubran", censura desde o SLG.


Deleite e Muu cumpren un ano

A empresa lucense de base cooperativa Alimentos Lácteos celebrou onte o primeiro aniversario da súa constitución, tras a unión de oito cooperativas gandeiras galegas para adquirir a factoría de Pascual en Outeiro de Rei (Lugo). O obxectivo da súa creación era envasar o leite procedente das súas explotacións "eliminando custos de intermediarios", e lanzou ó mercado as marcas Deleite e Muu.


O xulgado pontevedrés, incompetente sobre Clesa


O Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra non admitiu a trámite a solicitude de concurso voluntario de acredores solicitado por Clesa por "falta de competencia territorial", aínda que noutro auto si concedeu as medidas preventivas solicitadas pola dirección da empresa e requiriulles ás compañías eléctricas correspondentes que manteñan a subministración de enerxía na planta de Caldas de Reis (Pontevedra), a fábrica de Madrid e o centro de traballo de Bascones del Agua (Burgos).

Nun auto con data do venres, a maxistrada Paula Araujo López sinala que remitirá o expediente sobre o concurso solicitado por Clesa ós xulgados do mercantil de Madrid, que son os competentes nesta materia porque "o centro de intereses principais" da empresa está nesa provincia e non en Caldas de Reis.

Ó respecto, argumenta que "todo o relativo á súa actividade atopaen Madrid", cuestión que puxo de manifesto o Ministerio Fiscal, que tamén se pronunciou a favor da competencia dos xulgados do mercantil madrileños.

Así, a maxistrada sinala que "a única conexión" co xulgado de Pontevedra é a planta de Caldas, que conta con 160 traballadores pero, "ó longo de todo o territorio nacional", a empresa dispón de máis centros de traballo con máis de 800 empregados en total, mentres que o o seu domicilio social e "todo o relativo á súa actividade" se atopan en Madrid. Por iso, a xuíza de Pontevedra empraza a Clesa a comparecer na capital.
AS FRASESFrancisco Bello (XXAA)

"Establecer a contractualidade é uha reivindicación á que se lle dá resposta, pero aínda quedan flocos importantes en materia de prezos e dúbidas sobre Competencia"

Roberto García (UUAA)

"Cómpre demandarlle á Xunta axilidade e eficiencia na execución do Decreto, e é vital que se analice na Mesa do leite os incrementos brutais dos custos de produción"

Carme Freire (SLG)

"É un atentado contra o sector produtor, porque obrigará a asinar contratos por debaixo dos custos de produción, ademais de privatizar o control"
Fuente y autor: M. RODRÍGUEZ /galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg