A voltas coa "lei Parot"
Os sindicatos policiais mostráronse onte en contra de que o Tribunal Constitucional derrogue a denominada "doutrina Parot" que estableceu o Tribunal Supremo, aÃnda que recoñeceron o seu temor de que poida ser asà e advertiron de que, co actual Tribunal Constitucional, "calquera cousa é posible".
En declaracións a Europa Press, o voceiro do Sindicato Unificado de PolicÃa (SUP), José MarÃa Benito, defendeu a vixencia da "doutrina Parot" e explicou que, se a doutrina do Tribunal Supremo fose revogada, os terroristas pagarÃan por varios asasinatos a mesma pena que se fosen condenados por un só".
"Non pode valer o mesmo un asasinato que dez", defendeu antes de advertir de que, se o Tribunal Constitucional acaba coa "doutrina Parot", haberá que asistir a unha saÃda "masiva" de presos etarras de prisión. Na actualidade son case 60 os presos de ETA que permanecen no cárcere en aplicación deste criterio do TS, segundo o cal, as redencións a etarras aplÃcanse sobre o total das súas condenas e non sobre o cumprimento máximo de pena.
A pesar diso, Benito recoñeceu que "non chamarÃa a atención nin sorprenderÃa" que o alto tribunal tomase unha decisión contraria á aplicación da doutrina, xa que "con este Tribunal Constitucional calquera cousa é posible". Iso si, advertiu de que este paso serÃa contrario "ó sentir" das vÃtimas e das forzas de seguridade que loitan contra o terrorismo. Ademais, recoñeceu que lle custa moito" pensar que detrás destas decisións xudiciais pode haber motivos polÃticos, aÃnda que recoñeceu que serÃa "moi sospeitoso" que o Tribunal Constitucional corrixise de novo o Tribunal Supremo logo da decisión de permitirlle a Bildu concorrer ás eleccións do próximo domingo.
No mesmo sentido manifestouse o voceiro da Confederación Española de PolicÃa (CEP), Lorenzo Nebreda, que considera que a sentenza sobre Bildu abriu "unha vÃa" dentro do mundo de Batasuna e os presos etarras. "Moito nos tememos de que haxa a mesma sentenza e estea todo planificado que nun espazo breve de tempo o Constitucional bote para atrás as decisións do Tribunal Supremo", explicou. Para Nebreda, unha decisión neste sentido suporÃa lle un "fraco favor" ó Estado de Dereito, a democracia e as vÃtimas. E ademais, avisou de que non só suporÃa a saÃda de prisión de presos terroristas, senón tamén doutro tipo de delincuentes ós que se lles aplica a "doutrina Parot".
Na súa opinión, todos os indicios "levan a pensar" que detrás destes movementos do Tribunal Constitucional haxa "presións ou decisións" polÃticas. Para iso recordou as declaracións dos dirixentes do PNV antes da decisión sobre Bildu ou ata dalgúns deputados socialistas.
A CERNA O alto tribunal nega que o estude
O Tribunal Constitucional negou onte nunha nota oficial estar deliberando "sobre cuestións relacionadas coa denominada "doutrina Parot"", desmentindo asà as informacións xornalÃsticas que aseguran que este órgano se inclina por revogar a doutrina establecida polo Tribunal Supremo. Fontes do Constitucional sinaláronlle antonte a Efe, neste mesmo sentido, que o Constitucional non iniciou as súas deliberacións sobre este asunto e que resolverá "caso por caso" os recursos das persoas condenadas ás que se aplicou a chamada "doutrina Parot" -moitos deles presos etarras-, polo que non haberá un único pronunciamento que avale ou revogue a doutrina. Esas mesmas fontes indicaron onte que a complexidade do asunto impide adoptar unha solución xenérica para todos os casos, xa que as circunstancias de cada un dos recorrentes son distintas.
REACCIÓNS
Oreja prevé cambios na polÃtica penal
O eurodeputado do PP Jaime Mayor Oreja considerou onte que a "polÃtica penal" para os condenados pola súa pertenza a ETA será "diferente" a partir de agora pola decisión do Tribunal Constitucional de estudar a aplicación da "doutrina Parot" caso a caso. O que se está vivindo con este asunto é a "teatralización da que probablemente é a maior mentira desde que arrincou a democracia", dixo.
Vitoria evita falar polo de agora
A voceira do Goberno Vasco, Idoia Mendia, considerou onte "prematuro" falar sobre unha suposta intención do Tribunal Constitucional de revogar a denominada "dou- trina Parot" sen que haxa unha sentenza que o confirme. Mendia pediu esperar "a que fale o Tribunal Constitucional" para pronunciarse entón. "Neste momento serÃa un atrevemento pola miña banda" emitir unha opinión respecto diso. "Moi prematuro".
Caamaño: "Deixade traballar o TC"
O ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, demandou onte en Santiago que se "deixe traballar" o TC e chamou a "non se adiantar" aos seus pronunciamentos. "O que temos que facer é deixar que o TC faga o seu traballo, que os seus razoamentos os proxecte en cada sentenza e, despois, valorar. Non nos adiantar ao que pode ou non pode ser, porque iso é non respectar a independencia do TC", comentou.
Cospedal: "É lóxica e perfecta"
A secretaria xeral do PP e candidata á presidencia de Castela-A Mancha, MarÃa Dolores de Cospedal, defendeu a "doutrina Parot" e confÃa en que a ninguén se lle ocorra facer un disparate", xa que é "xuridicamente perfecta". "O que espero -dixo Cospedal- é que a "doutrina Parot" siga en pé, entre outras cousas porque é lóxica, é xuridicamente perfecta e non ten ningunha contradición nin ningunha pega".
NaBai confÃa en que sexa abolida
O candidato de NaBai 2011 ó Goberno de Navarra, Patxi Zabaleta, mostrouse onte confiado en que a "doutrina Parot", que, na súa opinión, se nutre de principios de vinganza", sexa abolida "se non é agora, nun futuro". Zabaleta engadiu que, "ademais, vai frontalmente contra o principio do tratamento dos presos no réxime das prisións, que é o da reinserción, e esta doutrina conculca".
Fuente y autor: EP/EFE /galicia hoxe




