Beiras ve uns comicios "propios do franquismo"
"Como podemos pensar que van ser estas eleccións? Pois máis ou menos como as do franquismo". Asegurábao onte o catedrático emérito da USC e actual lÃder do Encontro Irmandiño, Xosé Manuel Beiras, nunha roda de prensa na que, acompañado pola xornalista Comba Campoy e pola portavoz de Causa Galiza, Charo Lopes, presentaron o manifesto Democracia para Euskal Herria, un texto que xorde da "iniciativa cidadá", que leva xa varios dÃas circulando pola rede e que conta co apoio inicial de 120 sinaturas, mostra de que en Galicia existe unha "ampla mase crÃtica posicionada" que resposta, en palabras de Campoy, "ós atropelos que está a acometer o Estado contra dereitos fundamentais" como son os de que o soberanismo vasco poida concorrer ás eleccións do 22 de maio.
"Ser vasco e exercer como tal é delito para o Estado", exclamou tamén Lopes, quen atacou o "posicionamento hostil" do actual goberno español e tamén dos xuÃces e preguntouse "u-la división de poderes?" despois de que, salvo revogación do Tribunal Constitucional, se lle impida ás listas da coalición Bidu -formada por Eusko Alkartasuna e Alternatiba-, concorrer ós comicios municipais deste mes.
Beiras, como persoa con "vivencia e memoria do que foi o franquismo", "calibrou" en que medida o que pasará nestas eleccións se parece ó que pasaba "no Réxime". Sen dubidalo, denunciou que o de agora é propio do "totalitarismo". O ex lÃder do BNG "subscribiu" o artigo publicado por tres profesores vascos no xornal Deia, ó que deu lectura parcialmente, para ratificar a súa postura de que estas eleccións, sen Bildu, serán "ilexÃtimas". "Non serán unhas eleccións democráticas e o poder que xorda delas non terá lexitimidade democrática, non só en Euskadi, xa que a infración de principios fundamentais levarÃa a invalidar os comicios municipais en todo o Estado", advertiu, despois de preguntarse qué pasarÃa se o tribunal de Estrasburgo falla e di que a decisión do Goberno español atentou contra os dereitos humanos ó invalidar Bildu. "Que fará ese terrorista chamado Rubalcaba, provocador? Repetir as eleccións?", se preguntou Beiras, quen reafirmou que o que está a practicar o Goberno central é "violencia total e absoluta de Estado".
Beiras asegurou que detrás das decisións tomadas, só "priman os intereses de PP e PSOE de garantir que controlan todas as institucións en Euskal Herria" e asegurou que nas últimas autonómicas, "se a esquerda abertzale non fora excluÃda das eleccións, Patxi López hoxe non serÃa lehendakari. Agora queren facer o mesmo nas deputacións forais, que son as que teñen a potestade de recadación fidcal. Se PP e PSOE pasan a controlar as deputacións, será a consumación dun paÃs controlado polas forzas de ocupación e todo demócrata deberÃa reaccionar, porque senón é que non é demócrata e que non exerce como tal e será cómplice do abuso, aténdose a iso de ¿quen será o próximo?", advertiu o nacionalista galego. "A nós xa nos está a tocar, con estes animais da brigada de demolición que temos na Xunta", rematou.
"Obama e Osama son como doutor Jekyll e mÃster Hyde"
Como sempre que Beiras protagoniza unha intervención pública, os xornalistas presentes quixeron saber a súa opinión ó respecto de diversos temas. Un deles, o anuncio por parte de EEUU de que asasinou a Osama Bin Laden. Segundo o lÃder do Encontro Irmandiño, o que se vive estes dÃas non é máis que "unha demostración de que os ianquis son os novos nazis. Estamos no cuarto Reich , só que a escala mundial", dixo, para afirmar que "Osama e Obama son como o doutor Jekyll e mÃster Hyde, non pode existir o un sen o outro", despois de confundir e mesturar os nomes de ambos intencionadamente. Asà mesmo, tamén denunciou que a "comunidade internacional" da que se fala "non existe" e que "os paÃses satélites de EEUU son hoxe moitos máis que os que tiña a Unión Soviética".
O manifesto pódese apoiar a través da rede
Ó manifesto, que denuncia a "instrumentalización polÃtica da xustiza", esixe a "restauración en Euskal Herria de todas as liberdades e dereitos constitucionalmente recoñecidos" e tacha de "negativo para a sociedade galega" os "actuais procesos de recentralización polÃtica e económica", pode sumarse todo aquel que o desexe a través da web www.democraciaparaeukalherria.blogspot.com. Polo de agora, máis de cen persoas de todos os eidos galegos xa o subscribiron, representantes do movemento feminista, ecoloxista, de organizacións sociais, destacados membros de partidos polÃticos, xente da cultura, "unha ampla variedade" de xente que apoia un texto "aberto" para evitar que ningunha forza polÃtica protagonice a iniciativa que quere ser "cidadá".
Fuente y autor: ROSABEL CANDAL /Galicia hoxe




