Economistas

Bipartitos vs PP

No ecuador da lexislatura autonómica e á porta das eleccións municipais, a avaliación dende os concellos sobre o traballo da Xunta varía coa cor política. Alcaldes do PP eloxian a xestión do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, mentres que os rexedores de PSdeG e BNG lle esixen "máis lealdade institucional" e esperan que empece a gobernar despois do 22-M. Esta última idea é compartida polos rexedores das principais cidades galegas, así como a percepción de que a xestión de Feijóo "non existe". En ningunha delas goberna o PP, seis teñen un alcalde do PSOE e unha do BNG. Segundo opinións recabadas por Europa Press ós rexedores das urbes, todos inciden na escaseza de proxectos apoiados polo goberno autonómico nos concellos e aseguran que os que se levan a cabo proveñen do Executivo anterior bipartito.

Á hora de outorgarlle unha nota á xestión de Feijóo, todos lle conceden un suspenso. O rexedor de Ferrol, por exemplo, o socialista Vicente Irisarri, ponlle un 2,5 de nota, coa esperanza de que mellore e poida "sacar un 7,5 en setembro". O nacionalista pontevedrés Fernández Lores cualifícao cun "suspenso con poucos visos de recuperación" e pide que deixe de usar a Xunta como "elemento do aparato do PP".

No lado oposto, e xa en concellos máis pequenos gobernados polo PP, a valoración cambia radical. O rexedor de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, outórgalle un oito a Feijóo e o homólogo de Quiroga lánzase ó dez.

O PPdeG confía en cambiar a cor política das urbes o 22-M, valéndose do efecto que ten nas municipais o goberno da Xunta de quenda. O secretario xeral Alfonso Rueda augura que a súa formación "gañará" nas sete grandes cidades e ve posibilidades de maioría absoluta en catro delas. Socialistas e nacionalistas, despois de perder as autonómicas no 2009, farán todo o posible por aguantar os gobernos de esquerdas municipais nas cidades atacando na campaña electoral, precisamente, á xestión Feijóo.

Abel Caballero

"A xestión de Alberto Núñez Feijóo non existe. O Goberno galego non se estreou en Vigo nin impulsou ningún proxecto no que tivera que achegar fondos propios"

Xosé Sánchez Bugallo

"Débese rebaixar a tensión entre o Executivo autonómico e as corporacións locais e esforzarnos na despolitización das relacións institucionais"

José Crespo

"A Xunta mantivo estes dous anos o apoio aos concellos, a diferenza do Estado. A crise nótase e non se pode comparar coa época de Fraga"

Javier Losada

"A miña relación con Feijóo é cordial, aínda que non podo avaliar a súa xestión xa que non vin ningún proxecto novo. O único que fixo foi executar o que lle deixou o bipartito"

Vicente Irisarri

"A nivel humano, o trato con Feijóo é cortés. A cidade tendeulle a man, pero os resultados prácticos foron un fracaso en infraestruturas, servizos sociais e emprego"

Gerardo Criado

"Foi extraordinario o cambio rexistrado na relación coa Xunta con respecto ó Bipartito. Outórgolle a Feijóo un 8 de nota, próximo ó sobresaliente"

Francisco Rodríguez

"O Executivo de Feijóo é o da falta de competencias. Só foi eficiente en desmantelar a actuación do Goberno anterior. O balance en Ourense é cero"

Miguel A. Fdez. Lores

"A Xunta está desaparecida durante a crise e, en vez de facer o seu traballo, dedícase a botarlles a culpa aos demais. En Pontevedra, paralizan os proxectos importantes"

Juan M. Jiménez Morán

"A relación da Xunta co concello e a súa aposta polos proxectos da localidade é inmellorable. O Bipartito poñía todas as pedras no camiño"

Xosé López Orozco

"A Xunta ten pendentes importantes compromisos con Lugo, en materia de infraestruturas e en relación á conservación da muralla romana, icona cultural da cidade"

Martiño Noriega

"As relacións coa Xunta foron correctas nas actuacións nas que non tiña que achegar fondos. Hai un uso partidista, agardo que cambie e desbloquee actuacións"

Susana Vázquez

"A miña nota para Feijóo é un dez. Desde que está na Xunta, os alcaldes somos recibidos e tratamos co respecto que merecemos"
Fuente Galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg