E ti, que lles pedirÃas?

Comezou oficialmente esta madrugada a campaña electoral das municipais do 22 de maio, quince dÃas de promoción e 'venda' que os cidadáns galegos acollen con bastante excepticismo e sen moita "expectativa" nin "esperanza" tendo en conta que este perÃodo vén precedido dunha dura precampaña, na que as principais forzas que se presentan ós comicios fixeron que a disputa polÃtica o inundara todo, recriminándose a inclusión de imputados e tránsfugas nas respectivas candidaturas, supostas coaccións ós rivais nos concellos e irregularidades de todo tipo, leas por ver quén ten a razón en cando chegará o AVE, as cifras do paro que eran as peores ata hai unhas semanas e antonte case milagreiramente melloraron,..., en definitiva polémicas utilizadas xa en anteriores contendas e que os partidos cren que funcionaron e volven a retomar. Ante este panorama, 'representantes' dos diferentes sectores sociais galegos confesan que é o que lles gustarÃa e non que fixesen os polÃticos durante estas dúas semanas antes da cita coas urnas.
Desde o ecoloxismo, Xan Duro, coordinador de Verdegaia, pide que "entre un pouco de cordura" dentro da clase polÃtica para ver "de crise global, non só económica, senón tamén ambiental, transversal, na que estamos inmersos e poñan as medidas para solucionalo". Unhas medidas que, di, "non poden ser máis do mesmo, máis capitalismo, máis consumo e máis desregulación como estamos ollando". AsÃ, advirte que aÃnda que pareza que a situación só se pode corrixir desde altÃsimas instancias, "os concellos teñen moita posiblidade de actuación e de mudanzas moi profundas", xa que desde as corporacións se pode fomentar a redución de consumo enerxético, o apoio social ás persoas que o están a pasar peor nesta crise, a aposta por medios de transporte públicos, etc.
A teorÃa sábena ben, pero teñen que pasar á práctica
Desde o ámbito agrario, a Francisco Bello, secretario xeral de Xóvenes Agricultores, gustarÃalle pedirlles ás forzas polÃticas "un milagre" nesta campaña, pero, admite, "nos milagres xa non creo". Por iso, chámao a que todos se centren e se impliquen "nos problemas reais da xente", entre os que o máis importante son "os mÃnimos ingresos" para poder vivir e " seguir atendendo ós requirimentos dos bancos", porque, alerta, "a morosidade está acadando uns niveis nunca vistos no sector". Bello avisa de que os polÃticos deben de pasar ós feitos e non só quedar nas palabras. "A todos se lles enche a boca dicindo que o campo é estratéxico, pero os recursos non acaban de chegar", denuncia, para asegurar que "os polÃticos teñen a consideración na teorÃa, pero na práctica non se ve ese apoio ó sector" e pÃdelles que muden xa esta actitude.
Desde A Mesa pola Normalización LingüÃstica, o seu presidente, Carlos Callón, reclámalle "publicamente" e en concreto ó PP que "non caia na tentación habitual", aÃnda que cre que "todos os indicios parecen indicar que si", de "facer de novo unha lameira desta campaña". AsÃ, pÃdelle á dereita que non use "a táctica da campaña sucia e do todo vale, porque non beneficia a ninguén" converter niso "o que debe de ser un debate de ideas". Ademais, demándalles a todos os candidatos que expliquen "qué queren facer en relación coa lingua galega, se teñen intención de promovela e con qué polÃticas" e tamén "que sexan claros no caso de que non, para que os cidadáns poidamos decidir".
Desde o ámbito xornalÃstico, o decano do Colexio galego, Xosé Manuel Pereiro, ten unha mensaxe clara para os polÃticos. "Que eviten ese ataque á liberdade de prensa consistente en prohibir a entrada de cámaras nos mitins e facilitar a visión realizada dos actos. É algo inadmisible e xa se fixo en varias ocasións antes", advirte, para tamén recalcar que os candidatos deben de evitar "as mensaxes unidireccionais" porque, asegura, "preséntanse ante a cidadanÃa e teñen que admitir as preguntas dos xornalistas".
Lonxe de que os mozos 'pasan' da polÃtica, estes tamén teñen as súas demandas. MarÃa Torres, secretaria das Xuventudes Socialistas de Galicia, reclámalle ás organizacións dos 'maiores' que lle dean participación á xente nova e conten con ela e que se leve a cabo "unha campaña electoral participativa, próxima, positiva, que fuxa de crispacións e liortas".
Castigo ás forzas que aplican o neoliberalismo
Desde o ámbito sindical, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, confesa non saber "moi ben" o que agarda desta campaña. GustarÃalle que "as forzas polÃticas que se presentan, en lugar de meterse en batalliñas de carácter persoal e descualificacións, presentasen as súas alternativas respecto do que se vai facer no futuro en temas tan importantes como son as infraestruturas e obras e todos os servizos públicos". Seixo sospeita que "se van producir novos recortes nesas materias, o que vai repercutir tanto na calidade dos servizos prestados como nunha caÃda importante do emprego público" e os partidos deben "expoñer cales son as súas alternativas".
Desde o ámbito feminista, a Lupe Ces, portavoz da Marcha Mundial das Mulleres, preocúpalle que "estamos nunha situación complicada onde xa non valen os brancos e os negros nin a saÃda doada", senón que "hai que mirar moitos matices". Reclámalles ós "partidos de esquerda" que "se responsabilicen de salvagardar os dereitos adquiridos polas mulleres" ó longo dos tempos, "porque o PP, co seu proxecto de Lei de familia, vai a consagrar a perda deles". A escala xeral, cre que as forzas de esquerda, novamente, deberÃan "usar máis pedagoxÃa para explicar as alternativas económicas e sociais que temos para defendernos da ofensiva dos poderes financeiros". Ós partidos de centro ou de dereita, directamente, non lle pide nada, único, "a súa disolución".
E desde o mundo empresarial, o presidente da Confederación de Empresarios, Antonio Fontenla, considera que o "urxente" e que "todos os partidos e os seus candidatos deben ter en mente" é "elaborar propostas para reactivar a economÃa, apoiar a actividade das empresas e favorecer a creación de emprego". "As competencias municipais en tributos, aprobación de licenzas e de proxectos, etc. e a súa capacidade investidora converten os concellos en elementos importantes de dinamización económica", conclúe.
Xan Duro (Ecoloxismo)
"Tras moitas campañas, promesas e anuncios e as cousas non cambian, case van a peor. Espero algo de cordura"
MarÃa Torres (Mocidade)
"PÃdolles unha campaña electoral participativa, próxima, positiva, que fuxa de crispacións e de liortas"
Francisco Bello (Agro)
"Todos os polÃticos deberÃan de centrarse nos problemas reais da xente: os mÃnimos ingresos que teñen a maiorÃa"
X.M.Pereiro (Xornalismo)
"Que eviten ese ataque á liberdade dos cidadáns consistente en prohibir a entrada de cámaras nos mitins"
Suso Seixo (Sindicalismo)
"GustarÃame que en lugar de meterse en batalliñas e descualificacións digan qué van facer coa obra e servizos públicos"
Antonio Fontenla (Empresa)
"Aprema que todos elaboren propostas para reactivar a economÃa. Os concellos son elementos importantes de dinamización"
Carlos Callón (Lingua)
"Que non caian de novo na táctica da campaña electoral sucia e do todo vale, porque non beneficia a ninguén"
Lupe Ces (Mulleres)
"Na situación complicada actual, non valen os brancos e negros, que expliquen os matices e usen a pedagoxÃa"
Fuente y autor:
ROSABEL CANDAL /galicia hoxe




