FerrÃn está "convencido" de que o TSXG vai derrogar o decreto
O presidente da Real Academia Galega, Xosé LuÃs Méndez FerrÃn, mostrouse "convencido" de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vai derrogar o decreto do plurilingüismo no ensino tras o recurso presentado pola RAG.
Nunha entrevista concedida a Radio Nacional de España que recolle Europa Press, FerrÃn asegurou que "dende o punto de vista da lóxica" espera que se leve a cabo esa derrogación, da que se mostrou convencido despois de estudar o caso seguindo patróns xurÃdicos.
Por iso, destacou que o decreto "non vai ferir de morte" a lingua galega pois "tampouco vai ter tempo, porque vai ser derrogado", asà que só o ve como "un pequeno obstáculo" para o camiño da recuperación da lingua galega.
En concreto, Méndez FerrÃn insistiu en que a RAG está en contra do decreto do plurilingüismo no ensino de "aparente trilingüismo", porque "en realidade prexudica gravemente" a lingua galega.
Asà mesmo, subliñou que a súa relación co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, é "institucionalmente excelente" e persoalmente "tamén perfecta", aÃnda que recalcou que "a discrepancia que mantén a Academia co seu Goberno é profunda no que se refire a polÃtica lingüÃstica".
Actualmente, son catro xa os recursos admitidos a trámite pola Xustiza contra o decreto do plurilingüismo, incluÃdos o d'A Mesa pola Normalización e os dos sindicatos CIG e STEG, ademais do da Real Academia Galega.
A decisión de recorrer o decreto por parte da RAG chegou tras o informe dos asesores xurÃdicos da Academia sobre a norma e logo de que un documento da entidade cualificara a norma de "inaceptable" e de "inconsistente legalmente", ademais de reclamar á Xunta que "rectificase" a súa postura e apostase polo "consenso" e un acordo social "integrador". "É un acto de responsabilidade", dicÃa o secretario da RAG, Xosé LuÃs Axeitos, que cualificaba de "boa noticia" que o recurso seguise adiante. "Esa era a nosa intención", dicÃa.
O decreto, recorrido por ata seis colectivos, ten en contra os sindicatos educativos, toda a oposición, o Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega. Ademais, foi contestado nas rúas con algunhas das manifestacións máis multitudinarias que se lembran no paÃs.
Malia todo, desde a Xunta, o secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica, Anxo Lorenzo, evitou lamentarse sobre un proceso xudicial que considera normal, mentres que o PP e o propio Goberno galego cren que a chegada dos conservadores ao poder devolveu "liberade lingüÃstica".
Fuente y autor: Xornal de Galicia




