O PPdeG dá un gran paso, pero non foi de xigante
"O PP en Galicia dá un paso adiante e importante, pero non é un paso de xigante". A lectura dos resultados electorais realÃzaa Manuel M. Barreiro, analista polÃtico que colabora en Tempos Novos, El PaÃs e A Nosa Terra Dixital e que, casualmente, mañá presentará novo libro: A novÃsima dereita e nós. O bienio gris toupa, no que afonda sobre a natureza do Partido Popular e o tipo de goberno que leva a cabo na Xunta e defende a necesidade de buscar un novo marco colaborativo entre as forzas que queren o cambio en Galicia e a cidadanÃa, xa que, -e o domingo corrobourouse- segue habendo unha alta porcentaxe de galegos dispostos a dar a batalla contra a hexemonÃa institucional do PP pero non se atopan cómodos nin no PSdeG nin no BNG. Como pensar un novo proxecto de transformación e de cambio susceptible de ser apoiado por unha maiorÃa cidadá ampla? Sobre estas e outras preguntas que onte se facÃan boa parte dos votantes de esquerda, dos que se abstiveron e dos lÃderes das formacións reflexiona un libro que tamén ve necesario "un novo espazo de comunicación en Galicia, liberado e que axude a construÃr novos enunciados para o paÃs".
Aproveitando a coxuntura, Barreiro bótalle unha man a GH a analizar os resultados destas eleccións municipais nas que o PP gaña terreo en número de edÃs, pero non en votos. Para Barreiro, o domingo quedou constatado que os populares non teñen na comunidade nin o empuxe nin a magnitude que demostraron no conxunto do Estado. "O PPdeG agora vai controlar máis centros de poder, importantes instrumentos para ampliar a súa hexemonÃa, pero se comparamos os datos destas eleccións municipais coas autonómicas do 2009 evidenciase que non hai un avance significativo. O crecemento do PP produciuse daquela, cando obtivo 760.000 votos e nestas ten 707.000, pasa de ter un 47 a un 44% de votos", di. Se os deste fin de semana tiveran sido comicios autonómicos, o PP mellorarÃa nun deputado, o Bloque tamén e o PSOE perderÃa dous nun novo Parlamento. Que quere diciristo? "Que a pesar de que existe un contexto global moi favorable polo desgaste do PSOE e a mobilización do 100% dos votantes do PP, en Galicia ten menos intensidade e empeza a haber algún signo de que a falta de xestión da Xunta en problemas fundamentais lle pasa algo de recibo a Feijóo. A pesar do éxito electoral, é menor avance do previsto".
Para Barreiro, estas eleccións sérvenlle ós de Feijóo para seguir facendo a polÃtica actual, pero "nin o PSOE nin o BNG poden seguir asÃ". Tras esta "proba de resistencia" e "aguantar o tirón", a esquerda debe prepararse se quere recuperar San Caetano, algo que, considera o analista, só conseguirá se "muda a estratexia" para facerlle fronte á situación de "ventaxa" coa que partirá o PP tras a previsible vitoria nas eleccións xerais do próximo ano tamén.
Alberto Núñez deseña un amalgama distante de Fraga
Para entender o que pasou o domingo, Barreiro establece varias claves. Unha é que estamos ante unha "novÃsima dereita, diferente á de Manuel Fraga" en Galicia. Un PPdeG que é un "amalgama" e "reúne a moitos dos compoñentes históricos". Nel están os procedentes da antiga UCD, de Coalición Galega -todo o sector Baltar-, os que se aglutinaban en torno a Xosé CuÃña, e ó tempo unha alta sintonÃa coas propostas do neoconservadurismo e da cultural neoliberal nun sentido moi forte.
ZP perdeu votantes fieis por deixar a social democracia
Por outra banda, a crise económica e falta de esperanzas de que se recupere o benestar social e melloren as cotas de desemprego marcaron as eleccións que levaron á caÃda en picado do PSOE en toda España, pero non o foi todo. Zapatero chegou ó poder cunha polÃtica de valores en clara referencia social demócrata, dos que nos últimos tempos renegou para facer polÃtica de contrareforma. Incluso electores moi leais, se distanciaron. Ademais, o anuncio de que Zapatero non terá continuidade nin como candidato á Moncloa nin como lÃder do PSOE tamén xogou na contra dos socialistas, cuxa vÃa de salvación só pode vir se o cambio de persoas vai acompañado dunha revisión a fondo das polÃticas a aplicar tamén.
O chamado movemento 15-M, segundo Barreiro, tamén se deixou notar o domingo, ó evidenciarse que unha parte importante dos cidadáns son moi crÃticos con todos os "déficits da nosa democracia" e a esquerda deberá ollar para eles se quere recuperar electorado e acabar coa corrupción branca coa que se coexiste a diario.
ROSABEL CANDAL /Galicia hoxe




