"Temos o compromiso ético"

O próximo 17 de maio, en Compostela, Galiza co Galego (GcG) celebrará unha asemblea extraordinaria de socios que servirá para impuslar definitivamente a rede popular de escolas infantÃs, centros monolingües en galego que entrarÃan en funcionamento o próximo ano. Estes dÃas, a asociación acadou os 3.000 apoios que se fixara, unha cifra que consideraban mÃnima para consolidar este proxecto.
O presidente da comisión promotora, Francisco López, amosaba onte a súa satisfación pero tamén a "responsabilidade" e o "compromiso ético" de enfrontarse ao novo banzo que subirán na asemblea do 17 de maio. Ese dÃa a asociación debÃa disolverse segundo os seus estatutos se non acadaban o apoio suficiente, de xeito que agora deberán reformar os estatutos e elixir unha nova reitora. Tamén abre a posibilidade de cambiar o nome da entidade. Están convocados os setenta socios inicias da asociación, pero tamén fixeron un chamamento para que se adheriran máis persoas das que deron o seu apoio e afrontar xuntos a parte máis complexa do proxecto: a súa materialización.
"Hai un mundo por facer", subliña Francisco López, "e o que nós pretendemos é traballar dunha maneira horizontal: que as decisións sexan produto do debate interno de todos. Nós non copiamos nada: todo parte das experiencias, da vontade de saber e de quere facer da xente".
Francisco López valora moi positivamente o apoio de Nova Escola Galega, dos sindicatos galegos, da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ASPG), das cooperativas, da Mesa e dos movemento de normalziaicón lingüÃstica... Eles, engade, axudáronlle a elaborar "un proxecto educativo, que é o que nos está abrindo portas nas escolas".
Nestas escolas, ademais, "están moi interesadas nas nosas propostas: os centros infantÃs, e as persoas que dirixen eses centros ou os pais dos rapaces, están desexosos que haxa este tipo de alternmativa". Este interese, subliña, débese especialmente ao feito de que "as persoas do ensino consideran que a uso vehicular do galego é un signo de riqueza para os nenos".
CabÃa a posibilidade de que a rede popular entrase en funcionamento o próximo curso, pero "vai ser en certa maneira dificil", a pesar dalgunhas escolas están dispostas a participar no proxecto. Porén, indica FranciscoLópez, "non temos a capacidade de organizalo e quedará para o 2012. Somos unha asociación popular e van ser as propias persoas as que realicen todas aas tarefas organizativas: crear ferramentas adecuadas para que a xente, dunha maneira normal, reciba o ensino galego sen limitacións: somos un movemento inclusivo, democrático e laico, no sentido fundamental da pluralidade".
PERSPECTIVAS
Máis alá das galescolas
Francisco López desbota que os centros da rede popular se denominen "galescolas", termo que utilizou o bipartito para denominar uns centros públicos de caracterÃstcias semellantes: "Nós chamámolas escolas populares infantÃs. O termo galescola reflicte a educación infantil en galego pero non temos porque recuperar ese nome: pretendemos aproveitar o bo feito nas galescolas, pero sobre todo pretendemos avanzar nese proceso".
A asemblea do dÃa 17 de maio terá lugar en Compostela, na sede de Nova Escola Galega. Cada unha das persoas que deu o seu apoio ao proxecto, chegou entre 100 e 200 euros, que servirá de fondo para garantir o funcionamento da rede.
A.R. LÓPEZ . ANTONIO /Galicia hoxe




