Beiras advirte de que os estados da Unión Europea están "obsoletos"
O presidente da Fundación Galiza Sempre -fundación vinculada ao BNG- advertiu de que os estados da Unión Europea están "obsoletos en todas as súas dimensións", porque "nunca son uninacionais", e considerou que o "futuro" está nos nacionalismos e nas realidades que representan.
É unha das súas reflexións realizadas na presentación do libro A ollada exterior do nacionalismo galego, no que participaron distintas personalidades do ámbito nacionalista galego, dende o ex eurodeputado Camilo Nogueira e futura parlamentaria europea Ana Miranda, ata Encarna Otero (ocupou distintos cargos e foi directora xeral de Calidade da Vivenda co bipartito).
"Podo falar en nome de todos para dicir que se estamos aquà é porque cremos que o futuro está aÃ", manifestou o ex voceiro nacional do Bloque na súa intervención, en referencia a se este porvir pasa polo nacionalismo. "E non nos estados obsoletos, non nos modelos de estado que están absolutamente obsoletos, en todas as súas dimensións, en cando a que un modelo de estado nunca é uninacional", apostilou.
Tamén indicou que os estados están "obsoletos" dende o punto de vista da relación coa cidadanÃa e para "vehicular a democracia". "O futuro vai por aÃ", subliñou en referencia a novos deseños de organización polÃtica-social, para remachar que "en Europa está "caput" o modelo de Estado" e "malia as aparencias".
Pola súa banda, o ex eurodeputado Camilo Nogueira tamén reflexionou sobre o feito nacionalista para mostrarse en "desacordo" coa polÃtica "centralista" do Estado español e criticou "a lectura" que se fai dende Madrid ao respecto dos acontecementos que poden acontecer en territorios como Galicia, Euskadi e Cataluña, tal e como o describiu, "leva unha pedagoxÃa castradora implÃcita".
Ademais, Nogueira, que participa no libro co seu "Relato dunha experiencia", destacou o carácter "plurinacional" do Estado español e resaltou que, se houbese independencia dos territorios dentro dun estado, a estrutura quedarÃa intacta, toda vez que en Europa "non hai fronteiras". No seu texto tamén reivindica que foi o primeiro eurodeputado ao que traduciron do galego (ao asocialo ao portugués) ás demais linguas da Unión Europea e considerou que se "abriu un camiño que se debe practicar no futuro".
Acertos sobre a diminución dos dereitos sociais
Tamén interveu na presentación Encarna Otero, quen explica a súa experiencia na Conferencia de Nacións sen Estado de Europa(CONSEU), e quen reivindicou que o nacionalismo sen estado xa advertira das consecuencias que terÃa o tratado de tratado de Mastricht na Unión Europea e do papel do Fondo Monetario Internacional e de Alemaña.
"Acertouse en todo e cada un dos puntos sobre a diminución dos dereitos sociais e a gran repercusión", sentenciou Encarna Outero.
A publicación, coordinada pola xornalista Camba Campoy, tamén inclúe textos de Justo Beramendi, Lusi Gonalves Blasco "Foz", Ana Miranda, Xavier Vende ou Xulio RÃos.
Por outro lado, Xosé Manuel Beiras explicou que Santiago de Compostela, por proposta dos brasileiros, é unha das candidatas para acoller unha reunión do Foro Social Mundial (FSM), en outubro de 2012.
AS FRASES
Xosé Manuel Beiras
"Se estamos aquà é porque cremos que o futuro está aà e non nos modelos de estado que están absolutamente obsoletos en todas as súas dimensións por uninacionais"
Camilo Nogueira
"Se houbese independencia dos territorios dentro dun estado, a estrutura quedarÃa intacta, toda vez que en Europa non hai fronteiras. Estou en desacordo coa polÃtica centralista do Estado español"
Encarna Otero
"As nacións sen estado xa advertiran das consecuencias que terÃa o tratado de Mastricht na Unión Europea e do papel do Fondo Monetario Internacional e de Alemaña" .
Fuente: EP/Galicia hoxe




