Beiras ve un BNG "roto" e insta á súa refundación
O ex portavoz do BNG e actual lÃder de Encontro Irmandiño, Xosé Manuel Beiras, asegurou onte que o BNG está "roto" e advertiu de que se non se refunda esta organización polÃtica, "haberá que pasar a construÃr outra alternativa". En declaracións á Cadena Ser Beiras considera necesario que o Bloque emprenda unha nova etapa a partir da asemblea de outono mediante un cambio a fondo e tamén de persoas.
"Agora si que é necesario que sexa un cambio moi a fondo porque se os órganos teñen unha composición análoga á que tiveron ata agora non é crible que os que deron lugar a esta situación protagonicen ou dirixan o proceso de revisión de nación, está claro", indicou na Ser.
Beiras nega que existan negociacións entre os grupos que compoñen o BNG e considera que na asemblea de outono ten que haber unha ampla participación dos militantes, que poderán incorporarse ó proxecto ata finais de agosto.
Só asÃ, opina Beiras, se poderá renovar o BNG e, se non ocorre isto, augura unha desbandada e o nacemento dunha alternativa. Na súa opinión, o Bloque debe "estimular" e "dar garantÃa de que se poden facer as cousas dentro". "Se iso non o fai o Bloque, a sociedade irá procreando o proceso de construción doutra alternativa", incide.
Considera que non hai moitas probabilidades de conseguir o obxectivo, aÃnda que quere dar a batalla. "Dicir que non temos nada que facer é de parvos", asevera, para expor que "a refundación do BNG é unha visión compartida por moita xente" dada a "crise moi seria" que temos. "Creo que é a terceira crise seria que atravesa. O BNG está roto desde hai moito tempo, desde 2002-2003 e sobre todo desde a asemblea de 2003 cando eu fixen un esforzo de ceder ás presións para que non rompese e todo foi inútil".
"Houbo unha perda de sintonÃa coa cidadanÃa e coa esquerda"
Xosé Maneul Beiras considera que houbo "perda de sintonÃa coa cidadanÃa máis activa, coa esquerda", o que supón que "a xente rompeu co Bloque, xa non se identifica co BNG". Respecto diso, apuntou que o aparello da organización é "moi rÃxido". AsÃ, considera que este é o "último intento" para volver conectar coa xente. De non ser asÃ, "haberá que pasar a construÃr outra alternativa". Nun ambiente cordial e participativo tivo lugar na tarde noite do sábado unha asemblea do Encontro Irmandiño (EI) nun abarrotado auditorio da facultade de xornalismo, en Santiago. Durante máis de 4 horas as máis de 350 persoas que acudiron e este encontro aportaron e debateron sobre a rexeneración do BNG.
Fuente y autor: AGN/Galicia hoxe




