Do Nunca Máis ó 15-M
Do Nunca Máis ó coñecido como movemento do 15-M. O xornalista, escritor, portavoz da plataforma que agromou en Galicia tras a catástrofe do Prestige e autor do prólogo da edición en galego do Indignádevos de Stéphane Hessel estivo onte na acampada do Obradoiro. Manolo Rivas participou, xunto ó presidente do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro, e o coordinador de Galicia Confidencial, Xurxo Salgado, nunha "conferencia" sobre os medios de comunicación ante os movementos sociais, na que os tres lles deron algúns "consellos" á xente que leva semanas ocupando as prazas.
Desde a compostelá praza do antisepulcro, a praza da vieira, esa que Nunca Máis conseguira encher no 2002 tras a catástrofe do petroleiro repetidas veces facendo que a imaxe de indignación dera a volta ó mundo, Manolo Rivas saudou onte este novo movemento de xente que está a facer "algo esencial". "Un aporte sanitario, psicolóxico, necesario, de axitar conciencias fronte a este estado de malestar", fronte ó "Partido Conformista", porque "a indiferenza mata". Neste sentido, Rivas defendeu, fronte "ós que se senten molestos e inquedos" porque "as prazas estean habitadas pola palabra", que precisamente enchendo as prazas de xente, "se recupera o sentido funcional" destes espazos que, se están baleiros, só transmiten "o dominio do totalitarismo". Rivas lembrou como Nunca Máis tamén "enchÃa os lugares baleiros" e estableceu paralelismos co que acontece agora, lembrando, o concerto expansivo que se organizara en múltiples puntos do planeta, onde se lÃa tamén o Manifesto contra o Silencio, o cal, onte, recitou en italiano no Obradoiro. AsÃ, o escritor avogou por mirar qué se pode aprender e qué non de todo aquel movemento para poñer en práctica hoxe e deu alento a todos os "acampados" parafraseando a Gandhi: "Primeiro ignóranvos, logo rinse de vos, despois atácanvos e neste intre significa que estades a gañar", exclamou, para referirse ós poderes que non deixan de preguntarse quén está detrás do movemento, os comerciantes que se queixan sen saber moi ben ou os polÃticos que reclaman que se desaloxen xa estes lugares. "Saúdo a vosa gran paciencia fronte á impaciencia capitalista, e a vosa capacidade de producir harmonÃa", dixo, para tamén defender que no eido comunicativo, é fundamental ter presencia nas prazas. "Por moito traballo en internet que se faga, se non estamos aquà perdemos a forza dun movemento social crÃtico", avogou.
Xosé Manuel Pereiro, aproveitou para lembrar algúns versos do seu irmán Lois Pereiro diante da catedral santiaguesa. "Defendámonos caladamente con humor tibetano, pero tamén sen dar un paso atrás". O presidente do CPXG animou os acampados a elaborar a súa propia información e dar a batalla para que chegue ós medios axeitadamente. AsÃ, recomendou poñer o foco en "por que estamos no Obradoiro", non eu se "ides estar pouco ou moito tempo", para ser suxeitos activos da información fronte a unha prensa que ve o fenómeno "desde a axenda polÃtica dos partidos". Na mesma liña, Xurxo Salgado, dixo sentir "moita rabia" polo tratamento mediático que se lle está a dar a este movemento e lembrou que nun ano, en Galicia foron publicadas máis de dúas mil noticias sobre Nunca Máis. Non obstante, delas, o 70% dos titulares eran referidos a posicionamentos da Xunta ou do Goberno, "cando os grandes protagonistas eran a xente indignada". "Con este movemento pode pasar algo asÃ, non nos enganemos", advertiu os varios centos de presentes do Obradoiro, aos que lles dixo que "o máis importante dos movementos sociais son os seus propios medios". Salgado tamén os advertiu de que "cando un movemento se politiza deixa de existir" e neste sentido instounos para seguir organizándose "ben" e non deixarse dividir por mensaxes "que poidan vir".
A intervención incial dos tres "ponentes" deu lugar a un debate aberto, no que tamén falou, desde o público, entre moitos outros, a catedrática de Comunicación Audiovisual e académica da RAG Margarita Ledo. A pinga púxoa Rivas, quen leu unha mensaxe na que o convidaban a unha asemblea aberta que terá lugar hoxe mesmo en Bos Aires de apoio ás acampadas do Estado español e organizada polas comunidades de emigrantes galegos en Arxentina. "Isto indica que o paso que deu adiante a xente que participa neste movemento, que pasou a gran barreira de dicir non, chega á outra parte do mundo" e é moi importante, zanxou.
Conde Roa insiste en que se desaloxe o que é "ilegal"
O futuro alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, reafirmouse onte en que os "indignados" da Praza do Obradoiro constitúen "un campamento ilegal de okupas" e volveu esixir ao rexedor en funcións, Xosé Sánchez Bugallo, e ao delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo, que se lles desaloxe "canto antes". "E un campamento ilegal de ocupas, con c ou con k, o significado é o mesmo", insistiu Conde Roa nunha roda de prensa celebrada no Pazo de Raxoi, onde insistiu en que a "ocupación ilegal" da praza compostelá "debe rematar". Ao tempo, sinalou que é a Bugallo e a Cortizo aos que corresponde facelo, dándose, ademais, "a circunstancia feliz" de que ambos os dous pertencen ao mesmo partido, o PSOE. "E que o fagan canto antes porque Santiago non pode estar nesta situación", continuou.
EN TODA ESPAÑAA policÃa actuará de xeito "intelixente"
O vicepresidente primeiro do Goberno e ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, asegurou onte que a PolicÃa actuará "ben" e dun xeito "proporcional e intelixente" para solucionar as protestas e acampadas en toda España. "Cando hai dereitos que interferen nuns e outros e cando hai comerciantes que se queixan de que están sendo privados dos seus dereitos ou que teñen dificultades para saÃr adiante pois haberá que buscar un entendemento porque non pode ser que uns cidadáns acaben cos dereitos dos outros", recalcou.
Artur Mas apoia os mossos
O conselleiro catalán de Interior, Felip Puig, comparecerá o vindeiro mércores no Parlamento para dar explicacións sobre o dispositivo policial despregado o venres na acampada dos "indignados" en praza Cataluña que deixou un centenar de feridos tras as cargas policiais. O presidente catalán, Artur Mas, apoiou a Puig, á fronte dos Mossos, e dixo que grupos de persoas non poden ocupar o espazo público "sen lÃmite" de tempo.
Fin ás tendas en Córdoba
Os simpatizantes do 15-M de Córdoba decidiron levantar o campamento do Bulevar de Gran Capitán para non quedar"estancados" e comezar a divulgar a súa mensaxe nos barrios da cidade. Segundo un voceiro do colectivo, a acampada xa logrou o seu obxectivo de chamar a atención e facerse oÃr na sociedade. A partir de agora, a súa intención é pór en marcha mobilizacións polos barrios e continuar coas súas reivindicacións, tamén en Internet.
Fuente: Galicia hoxe




