"La discriminación entre los seres humanos por motivos de raza, color u origen étnico es un atentado contra la dignidad humana." (NN.UU.)
Según la declaración de las Naciones Unidas emitida como resultado de la Cumbre Mundial sobre el Desarrollo Social en Copenhaguen en 1995, la pobreza absoluta es "una condición caracterizada por la privación severa de las necesidades básicas humanas, tales como alimento, agua potable, facilidades sanitarias, salud, refugio, educación e información. Esta depende no solo del ingreso sino también del acceso a los servicios".
Nos últimos meses houbo en España un aumento de denuncias de abusos e discriminación contra cidadáns estranxeiros. Non son casos illados, senón que se detectou un incremento preocupante de actos discriminatorios no ámbito laboral, educativo, no acceso á vivenda, a lugares de ocio, etc. Todo el vai acompañado dun alarmante crecemento de casos de tortura e malos tratos a inmigrantes.
Asociación Xabier Pita, ONG, pide ás autoridades españolas e á sociedade que aposten por unha identidade baseada non en actitudes racistas e prácticas abusivas senón na tolerancia, a diversidade e o respecto dos dereitos humanos.
Por ese motivo, instamos o estado español a elaborar e poñer en marcha un Plan integral de loita contra o racismo nos ámbitos nacional, autonómico e local que inclúa medidas de todo tipo (polÃtico, social, educativo, de sensibilización...) para loitar contra actos e actitudes racistas, xenófobas, antisemitas e islamofóbas, asà como manifestacións de rexeitamento xeneralizado dos inmigrantes. O fin último é eliminar o racismo, a discriminación racial, a xenofobia e as formas conexas de intolerancia no lugar de traballo, no seu acceso á sanidade, educación, prestacións sociais, á vivenda, a locais de entretemento, etc.
Tamén consideramos imprescindible:
A creación dunha comisión de investigación dos casos de malos tratos.
A promoción dos dereitos das vÃtimas.
A publicación de estatÃsticas periódicas sobre casos de racismo ou de denuncias de malos tratos.
Medidas para avaliar o modo en que se aplican as medidas legais, penais, xudiciais e administrativas destinadas a combater o racismo.
A adopción dun protocolo claro e detallado de actuación nos procedementos e prácticas de detención.
Medidas para unha maior formación en materia de dereitos humanos e de sensibilización respecto ao racismo de todos os funcionarios de facer cumprir a lei.




