Só é a punta do iceberg
![Logo_Web[1].jpg](http://www.xabierpita.es/2011/06/13/Logo_Web%5B1%5D.jpg)
Dos 40 millóns de nenos e adolescentes que realizan traballo doméstico no mundo, preto de 10 millóns, a maiorÃa nenas, permanecen ocultos nas vivendas dos seus empregadores. Estes nenos e nenas, ás veces con apenas 10 anos ou menos, sofren en moitos casos condicións de auténtica escravitude, sometidos a interminables xornadas de traballo e abusos. Asà o alertou Yolanda Román, Responsable do Departamento de Advocacy da ONG Save the Children, con motivo do DÃa Internacional contra o Traballo Infantil, que se celebrou onte.
Segundo as cifras da Organización Internacional do Traballo (OIT), 215 millóns de nenas e nenos traballan actualmente en todo o mundo. Deles, 115 expóñense a condicións perigosas e de explotación, o que supón "unha grave vulneración dos seus dereitos", denunciou Sanve The Children.
No caso de España, segundo a ONG, o caso máis sangrante é a trata de nenos e adolescentes aos que obrigan a cometer furtos ou exercer a mendicidade, asà como a explotación sexual. "A pesar de que os perfÃs das vÃtimas poden variar en función das dinámicas das redes de explotación e das demandas dos clientes de servizos sexuais", explica a ONG, "adoitan ser menores ao redor dos 16 anos, de orixe comunitaria aÃnda que, en menor medida, atoparónse tamén vÃtimas menores de idade de orixe africana".
Xunto a trata infantil e a explotación sexual con fins comerciais, Save The Children pon o acento noutras moitas realidades que truncan as infancias de millóns de nenos en todo o mundo: traballo infantil forzoso por endebedamento, traballo forzoso na mina, traballo forzoso na agricultura, nenos soldado e combatentes, matrimonio infantil forzoso e escravitude doméstica.
Fronte a esta realidade, e con arrepiantes cifras como que un neno traballador sofre cada minuto un accidente, enfermidade ou trauma psicolóxico relacionado co traballo que desempeña -cifra achegada pola OIT-, a ONG de protección á infancia chama aos Gobernos a incrementar os seus esforzos para erradicar a explotación infantil desenvolvendo sistemas de protección nacionais asà como lexislacións relativas ao traballo infantil. Apunta, nesta liña, a pobreza, discriminación, falta de polÃticas sociais e de acceso a unha educación adecuada e de calidade como as principais causas desta crúa realidade na infancia.
No caso de España, maniférstanse preocupados porque "o sistema de protección á infancia non está preparado para identificar os casos, nin abordar as necesidades especÃficas das vÃtimas de trata con fins de explotación sexual menores de idade", concluiu Román.
En España é anecdótico ou "pasa desapercibido"
O traballo de menores en España é oficialmente "anecdótico" e, xa que logo, non existen estatÃsticas nin informes, aÃnda que o Ministerio de Traballo detectou 19 menores traballando ilegalmente o ano pasado. Organizacións como Save the Children, Unicef e a Plataforma da Infancia advirten de que as cifras oficiais non inclúen menores dedicados á prostitución e que a familia é un "obstáculo á visibilidade", polo que é moi difÃcil obter datos sobre o traballo infantil, que se produce a miúdo en empresas familiares ou traballos agrÃcolas. As últimas cifras solicitadas de forma oficial en España corresponden a un informe do ano 2000 realizado por Unicef a petición do entón Ministerio de Traballo, que calculou nun 170.000 os menores de idade que traballaban en España. Unicef coincide con outras organizacións dedicadas á infancia en que estas cifras non reflicten a realidade dado que só contabilizan os nenos escolarizados, mentres que as grandes bolsas de traballo infantil se dan entre os nenos de poboacións marxinadas non escolarizados e na economÃa mergullada. Unicef tamén apunta que os inspectores de traballo non teñen competencia para intervir en casos de servizo doméstico, negocios familiares, delincuencia, explotación sexual e mendicidade.
En 2010, a Inspección de Traballo detectou 16 infraccións relativas ó traballo de 22 menores, polas que impuxo multas por un total de 102.012 euros.
Fuente y autor: LAURA CAMINO /Galicia hoxe




