INFORMACIÓN VOTO ELECCIÓNS XERAIS 2011
1.- ESPAÑOIS E ESPAÑOLAS RESIDENTES NO EXTERIOR
Para exercer o seu dereito ao voto e como electores ou electoras do CERA ( Censo Electoral de Residentes Ausentes) deben formular a solicitude de voto á delegación provincial da Oficina do Censo Electoral da súa provincia de inscrición.
GUIA DE FUNCIÓNS
Consulta do censo electoral e reclamacións
Durante un prazo de oito dÃas, do 3 ao 10 de outubro, deberá consultar os seus datos censuais, para iso os Consulados van manter durante esas datas un servizo de consulta do censo vixente.
Do 3 ao 10 de outubro, en caso de ter que realizar emenda de datos, calquera persoa, pode presentar reclamación sobre os seus datos censuais nos Consulados ou directamente nas Delegacións Provinciais da Oficina do Censo Electoral.
Solicitude de voto
Os electores e electoras inscritos no CERA que desexen exercer o seu dereito ao voto, deben formular, non máis tarde do 22 de outubro, a solicitude de voto dirixida á Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral, enchendo un impreso oficial que será remitido a todos os inscritos e inscritas no Censo Electoral de Residentes Ausentes. O impreso de solicitude do voto tamén estará dispoñible dende o dÃa posterior á convocatoria das eleccións, nas dependencias consulares e de por vÃa telemática na páxina do INE - Oficina do Censo Electoral.
Os electores e electoras deberán incluÃr xunto co impreso de solicitude de voto, unha fotocopia do pasaporte ou do DNI, expedidos por autoridades españolas ou ben a certificación de nacionalidade ou de inscrición no Rexistro de MatrÃcula Consular, expedidas polo Consulado de España no paÃs de residencia.
Unha vez recibida a solicitude de voto, a Delegación Provincial de la Oficina del Censo Electoral, procederá a enviar á dirección indicada polo ou a solicitante a seguinte documentación:
-Papeletas de votación.
-Sobres de votación.
-Dous certificados idénticos de estar inscrito ou inscrita no Censo de Residentes Ausentes, asà como un sobre no que debe figurar a dirección da Xunta Electoral competente.
-Un sobre coa dirección da Oficina Consular de Carreira ou Sección Consular da Misión Diplomática na que están inscritos ou inscritas.
Os devanditos documentos serán remitidos ao ou á solicitante por correo certificado non máis tarde do 1 de novembro; en caso de impugnarse a proclamación dalgunha candidatura, non máis tarde do 8 de novembro.
Opcións para exercer o seu dereito ao voto
Para as eleccións Xerais de 2011 dispuxéronse dúas vÃas para que os electores e as electoras residentes ausentes exerzan o voto:
Voto por correo:
Os electores e as electoras que opten por exercer por correo o seu dereito de voto, deberán incluÃr no sobre dirixido á Xunta Electoral correspondente, xunto aos sobres de votación coas papeletas e o certificado de inscrición no censo, fotocopia do pasaporte ou do Documento Nacional de Identidade expedidos polas autoridades españolas ou, no seu defecto, certificación de nacionalidade ou certificación de inscrición no Rexistro de MatrÃcula Consular expedidas polo Consulado de España no paÃs de residencia e enviar todo iso no sobre certificado dirixido á Oficina Consular de Carreira ou Sección Consular da Misión Diplomática á que o elector ou electora estean adscritos non máis tarde do 15 de novembro.
Voto en urna:
Aqueles e aquelas que desexen votar en urna, deben presentar persoalmente os sobres e documentos arriba mencionados, nas Oficinas ou Seccións Consulares que lles corresponda pola súa inscrición ou nos lugares asignados para tal proceso, entre o 16 e 18 de novembro.
2.- ELECTORES E ELECTORAS DO CERA TEMPORALMENTE EN ESPAÑA
Se algún elector ou electora do CERA se atopa temporalmente en España durante este proceso electoral, poderá solicitar (ao igual que os e as residentes en territorio nacional) o voto por correo a partir da data da convocatoria ata o dÃa 10 de novembro (inclusive), sen que iso supoña a súa baixa no CERA. Para iso, deberá cumprir unha solicitude dispoñible en calquera oficina de Correos de España e dirixila á Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral da súa provincia de inscrición. Os electores ou electoras deberán asinar a solicitude e comprobar que o funcionario ou funcionaria de Correos pon a data e o selo correspondente.
Recibida a documentación electoral na dirección de España que se sinalase na solicitude, o elector ou electora enviará o seu voto por correo certificado, non máis tarde do dÃa 16 de novembro. Estes electores e electoras non poderán votar persoalmente na mesa electoral.
3.- VOTO POR CORREO DOS ELECTORES E ELECTORAS RESIDENTES EN ESPAÑA QUE SE ATOPEN TEMPORALMENTE NO ESTRANXEIRO
Os electores e as electoras residentes en España (CER e CERE) que se encontren temporalmente no estranxeiro, unha vez efectuada a convocatoria e que prevexan permanecer nesa situación ata o dÃa da votación, e que desexen participar nas eleccións deben figurar inscritos no Rexistro de MatrÃcula Consular como non residentes ( os electores e electoras do CERE deben inscribirse no rexistro de estranxeiros) e solicitar a documentación para exercer o seu dereito de sufraxio dende o estranxeiro á correspondente Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral, non máis tarde do dÃa 22 de outubro. A devandita solicitude deberá entregarse persoalmente na Oficina Consular de Carreira ou Sección Consular de Embaixada (Consulado español máis próximo á súa residencia no estranxeiro).
A Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral correspondente remite ao elector ou electora, ao domicilio no estranxeiro indicado na solicitude, non máis tarde do 1 de novembro, por correo certificado, a documentación necesaria para que poida emitir o seu voto. Este prazo pode ampliarse ata o 8 de novembro no caso de haber impugnación de candidatos ou candidatas.
Recibida a documentación, os electores e as electoras deben enviar o seu voto á mesa electoral, por correo certificado, non máis tarde do 15 de novembro.
VALIDEZ DO SEU VOTO
Lembre que independientemente da modalidade de voto seleccionada (por correo ou en urna), é MOI IMPORTANTE PARA A VALIDEZ DO SEU VOTO, que no sobre conste claramente un cuño ou outra inscrición oficial de Correos ou do Consulado que certifique, que o voto se depositou nos organismos oficiais dentro do prazo legalmente previsto




