Economistas

A Xunta de Galiza deixa sen atención sanitaria as persoas con menos recursos e os/as desempregados/as

A CIG visibilizou publicamente esta mañá en rolda de prensa as consecuencias que as políticas de recorte e privatización da sanidade pública iniciadas polo Goberno da Xunta do PP están a ter. A Unión Comarcal da CIG da Coruña fíxose eco do caso dunha muller, desempregada de longa de duración, á que lle denegaron, sen previa comunicación, o acceso á consulta e á asistencia farmacéutica gratuíta logo de que o SERGAS lle desactivase a súa tarxeta sanitaria por ser unha persoa sen recursos económicos.

Mercedes Amaral, que se atopa en situación de desemprego de longa duración e carece de ningún tipo de prestación económica, acudiu, como noutras ocasións, a pedir cita co seu médico de cabeceira. Para a súa sorpresa, no centro de saúde informáronlle que non tiña dereito á consulta porque a súa tarxeta sanitaria fora desactiva e figuraba de baixa na Seguridade Social. A maiores, Mercedes Amaral está recibindo tratamento por depresión e estrés. Un tratamento ao que agora non pode acceder porque ten denegada a asistencia farmacéutica gratuíta. Para poder mercar as súas medicinas, Mercedes tivo que solicitar a axuda dunha ONG.

Así o denunciaba esta mañá en rolda de prensa a propia afectada. O seu caso chegou á CIG a través de Mertxe Carrión, delegada da central sindical en Cáritas, e á que Mercedes Amaral se dirixiu para exporlle a súa grave situación. Porén non é o único caso, xa que en Galiza, nestes momentos existen 65.000 familias sen recursos que dende o pasado 10 de setembro poderían ter quedado sen dereito á sanidade pública.

Esta situación vén xerada pola Orde da Consellaría de Sanidade, publicada no DOG do 9 de setembro, que, xunto co protocolo de traballo remitido aos centros de saúde e hospitais, "regula" o dereito de acceso á asistencia sanitaria para as persoas sen recursos económicos suficientes (PSR) e as persoas desempregadas (o chamado código 29). Segundo este protocolo, o Goberno do PP deixa as persoas sen recursos que solicitan a tarxeta sen dereito a ter médico asignado, a poder ser citados e a ter prestación farmacéutica. Só se lles recoñece dereito á asistencia de urxencia e emerxencia. Neste caso daráselle unha alta rápida como "privado" e obrígaselle a asinar un compromiso de pago da asistencia realizada.

"En nome da crise financeira e a suposta austeridade, a Xunta está a xustificar a privatización e o desmantelamento do sistema sanitario público", denunciaba durante a comparecencia para os medios a Secretaria de Organización da CIG da Coruña, Dores Martínez Castelo, quen subliñou o "carácter desolador e inhumano" destas políticas de recortes que "de xeito calado está a levar a cabo o Goberno galego".

A este respecto lembrou a redución en 237 millóns de euros dos orzamentos destinados á sanidade pública, o incremento dos concertos cos centros privados, a entrada de capital privado para o financiamento dos novos hospitais, a redución de consultas e actividade nos quirófanos na quenda de tarde (incrementado así as listas de espera), a redución de persoal sanitario mediante a non cobertura de baixas e xubilacións (minguando deste xeito a calidade asistencial), "e agora, ademais, a Xunta publica un decreto que nega o carácter universal da sanidade".

Aplicación inmediata

O proceso de aplicación deste novo protocolo de xestión a PSR e persoas desempregadas estase realizando sen comunicación previa e ten unha acción inmediata, apuntaba a Secretaria Comarcal da CIG-Saúde, María Seijo. Todas as persoas que carezan de recursos económicos suficientes e os desempregados/as que leven máis de 12 meses en paro terán que solicitar a tarxeta como PSR para poder utilizar os servizos sanitarios públicos en condicións de universalidade e gratuidade. No caso das persoas que se atopen en situación de desemprego pero que tivesen estado de alta como traballador/a en activo con dereito á asistencia nos doce meses anteriores poderán solicitar o recoñecemento á asistencia como Código 29.

Non obstante, a tarxeta como PSR ten un procedemento de tramitación de entre oito e dez meses. Nese tempo, matizaba Seijo, as persoas demandantes permanecerán sen dereito á sanidade pública. "Coa desculpa de realizar un trámite de ordenamento dos colectivos con dereito á prestación sanitaria, a Xunta o que vén de facer é deixar desprotexidos aos colectivos máis febles e desfavorecidos". A este respecto, a responsábel da CIG-Saúde criticaba o deshumanizador do procedemento, posto que en ningún momento as persoas afectadas foron informadas desta situación, senón que teñen coñecemento da mesma cando queren utilizar algún servizo médico.

De feito, subliñou, o SERGAS nin sequera informou desta nova orde a o colectivo de traballadores e traballadoras da sanidade, que quedaron estupefactos/as no momento de coñecela.

Así mesmo, Mertxe Carrión subliñou que as persoas que quedan sen dereito á sanidade vense na obriga de ter que acudir a organizacións sociais e ONGs para poder continuar coas medicacións que estaban tomando ou recibir algún tipo de asistencia básica. Ademais, lembrou que, segundo as tarifas publicadas polo SERGAS, o acceso a unha primeira consulta no sistema pública está estabelecida en máis de 60 euros.

Ante esta vulneración dos dereitos básicos e a ruptura dos principios de universalidade e equidade da Sanidade Pública, dende a CIG lanzouse unha chamamento á cidadanía para que reaccione e se mobilice en contra duns recortes que baixo a escusa da crise só buscan favorecer á sanidade privada e as empresas que a xestionan. Fronte a isto, a CIG lembra que a propia Constitución española recoñece o dereito a saúde e a propia Lei de Saúde de Galiza estabelece o dereito a atención sanitaria con cargo a fondos públicos e con cobertura universal.
Fuente: galiziacig.com

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg