Economistas

A Coruña: O Pleno aproba unha moción do Goberno local para investigar as irregularidades do caso "Relámpago", que obrigan a pagar indemnizacións por 8,16 millóns

marbarconvivocantando.jpg

O alcalde le senllos comunicados en recordo do ex presidente da Xunta Manuel Fraga e do intelectual Isaac Díaz Pardo. O Concello acorda aumentar un 50% as axudas para o programa de Urxencia Social. Julio Flores destaca que o número de usuarios das liñas polas que transita a Vía Prioritaria Vixiada creceu un 17% dende a súa implantación.

A Corporación municipal aprobou esta mañá no Pleno unha moción presentada polo Executivo coruñés para que se investigue o caso "Relámpago", onde nos anos de goberno socialista se cometeron irregularidades urbanísticas en Someso e que obrigan ao Concello a pagar indemnizacións por 8,16 millóns de euros. Tamén se ratificou, coa única abstención do BNG, a proposta do Goberno local para aumentar as axudas nun 50% ao programa de Urxencia Social.

O Goberno local lamenta o espectáculo bochornoso do PSOE e do BNG no Pleno ao chamar "malnacido" e "fascista" ao portavoz municipal e tenente de alcalde de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Julio Flores, quen anunciou que un grupo de expertos encargarase de estudar a situación do tráfico na cidade e informou de que os viaxeiros de bus nas liñas que transitan pola Vía Prioritaria Vixiada incrementáronse un 17% dende a súa posta en funcionamento, ademais de mellorar a frecuencia do transporte.

Ao comezo do pleno, o alcalde, Carlos Negreira, leu dous comunicados oficiais en recordo de Manuel Fraga Iribarne e de Isaac Díaz Pardo para, en nome da Corporación municipal, transmitir o pesar aos seus familiares. O rexedor destacou de Manuel Fraga, fillo adoptivo da cidade, o seu intenso labor político durante máis de 60 anos ao servizo público.

"Por unha banda, o seu papel como pai da Constitución, na que o seu detallado coñecemento do mundo do Dereito e da sociedade española contribuíu de maneira fundamental á elaboración da Carta Magna, marco fundamental de conviviencia e norma fundamental do noso sistema democrático. Polo outro, os seus 16 anos como presidente da Xunta, onde grazas ao seu infatigable espírito de traballo logrou realizar unha transformación integral da nosa comunidade, modernizando todos e cada un dos seus recunchos, que tan ben coñecía de primeira man", destacou Negreira sobre a figura de Manuel Fraga. O alcalde coruñés tamén mostrou o seu pesar polo recente falecemento do intelectual Isaac Díaz Pardo, pola súa "inxente actividade", pola súa "solidariedade", polo seu "labor creativo" e polo seu "legado extraordinario" a Galicia.

SOMESO

A Corporación aprobou por unanimidade a moción presentada polo Goberno municipal para abrir un proceso de investigación sobre o caso "Relámpago", que dirima as responsabilidades das persoas que interviñeron nas irregularidades urbanísticas que obrigaron ao Concello a pagar indemnizacións superiores aos 8 millóns de euros. O obxectivo é que a cidadanía saiba o que pasou, os nomes dos causantes e evitar que no futuro se volvan a producir este tipo de feitos.

Na súa intervención o portavoz municipal, Julio Flores, destacou que o Goberno socialista enganou os propietarios orixinais ao non comunicarlles o non cumprimento do fin expropiatorio para que puidesen exercer o dereito de reversión. Indicou que en pleno proceso de reclamación de reversión, en outubro de 2004, autorizouse a venda dos terreos o mesmo día que o solicitou a xunta de compensación e o asunto aprobouse nunha Xunta de Goberno na que estaban Javier Losada e Mar Barcón, tan só unha semana despois. Segundo expuxo Flores, as irregularidades cometidas baséanse en:

• A non comunicación por parte do Goberno municipal do cambio de uso dos terreos aos propietarios orixinais para que puidesen exercer o dereito de reversión.

• A denegación das reversións aos que a solicitaron alegando que non houbo expropiación cando si a houbo.

• A venda de terreos con informes cheos de irregularidades sabendo que foran expropiados para un fin público e que había reclamacións de reversión en marcha.

Fronte á intervención dos socialistas que aseguran que actuaron en base ao interese xeral xa que ingresaron 13 millóns de euros pola venda de terreos, Flores preguntou onde estaba ese interese xeral, xa que as indemnizacións poden chegar aos 20 millóns.

O portavoz local aclaroulle ao BNG que os terreos expropiados eran urbanizables no plan de 1985 e seguírono sendo no de 1998, polo que non se produciu unha recualificación e lembrou que na aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de 1998 o PP votou en contra: "O problema non é o plan parcial aprobado no 2001, senón que o Goberno municipal non avisou aos donos orixinais do cambio de uso e cando se decataron e pediron a reversión denegóuselles dicindo que non se expropiara", asegurou Flores, quen acusou ao BNG de ser corresponsable neste asunto por non impedir que o seu socio de goberno durante o bipartito, o PSOE, denegase a reversión a outros 14 propietarios no 2010.

Tamén se aprobou por unanimidade unha moción en contra da homofobia na cidade e, cos votos a favor de Partido Popular, PSOE e BNG e a abstención de EU-Os Verdes, deuse o visto e prace a unha moción do PP para eliminar as alusións persoais nas placas conmemorativas das obras executadas pola Administración local na cidade.

SERVIZOS SOCIAIS

A Corporación municipal, coa única abstención do BNG, aprobou de maneira inicial os artigos 11.a) e 12 da ordenanza de Urxencia Social, o que permite ampliar o número de coruñeses beneficiados por este programa e aumentar as axudas nun 50%.

O concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Lorenzo, destacou que a complexa situación económica que atravesan máis familias nesta cidade e as dificultades que ten para facer fronte a hipotecas e alugueres levaron ao Concello a apostar por un incremento das axudas. Para necesidades básicas (alimentación, roupa, aloxamento e gastos sanitarios) pásase dunha contía máxima de 798 a 1.596 euros; mentres que para outros conceptos (entre os que se inclúe o gasto en hipotecas e alugueres) pásase dun máximo anual do 200% do IPREM ao 300%, o que supón que a axuda máxima pasa de 1.064 euros a 1.547 euros.

Lorenzo defendeu que o Goberno municipal aposta polos servizos sociais. Subliñou que as axudas a domicilio increméntanse un 3,1% nos orzamentos deste ano (ata os 5 millóns); un 109,2% para Comida a domicilio (resérvanse 700.000 euros); un 80,8% para comedores escolares (452.000 euros); un 50% en Urxencia Social (dos 300.000 euros do ano pasado aos 450.000 euros); e duplícase a contía para Talón Restaurante (de 200.000 a 400.000 euros). A estas cantidades, únense os 216.666 euros aprobados en modificativos de crédito para colaborar con entidades benéficas da cidade. "Isto non son palabras, son feitos e realidades que se demostran nos orzamentos", afirmou o responsable de Servizos Sociais.

O Goberno municipal tamén aprobou no pleno modificar a ordenanza municipal do Servizo de Axuda a Domicilio (SAD) e atender así ás recomendacións da Consellería de Traballo e Benestar, polo que as persoas dependentes que teñen dereito ao servizo non poderán quedar en lista de espera.

Terán prioridade na asignación do servizo as persoas beneficiarias da modalidade de acceso directo (SAD Dependencia) fronte ás de libre concorrencia (SAD Básico). A partir de agora, non existirá lista de espera na primeira modalidade. "Vou cumprir a lei, porque sei o que pasa cando se incumpre. Gobernaron como a república independente da súa casa ou do seu casarío, fixeron o que lles deu a gana e agora temos 8 millóns de problemas", lamentou Lorenzo en referencia ás indemnizacións de Someso.

O concelleiro de Servizos Sociais recriminoulles a PSOE e BNG a súa "irresponsabilidade" ao non cumprir os orzamentos de 2011 -deseñados e aprobados polo bipartito-, xa que existía a previsión de ingresar un millón euros polo copago: "Non fun eu, foron vostedes quen estableceron a norma, as ordenanzas fiscais e os que nomearon a tres persoas de Servizos Sociais para levar a cabo a implantación do copago. Por vergoña deberían calar", concluíu.

MOBILIDADE

O tenente de alcalde de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Julio Flores, defendeu esta mañá que entre o 21 de decembro e o 11 de xaneiro, tras a implantación da Vía Prioritaria Vixiada, o número de viaxeiros nestas liñas de bus aumentou un 17% con respecto ao mesmo período dun ano antes, en concreto, 55.290 usuarios máis: "Aumentaron viaxeiros en todas as liñas do carril bus: un 42% na liña 11 e un 2% na 4, pasando polo 19% da 24 ou o 10% da liña 21".

Flores tamén destacou que, en decembro, os usuarios do bus creceron un 4% con respecto ao mesmo mes de 2010, un incremento que alcanza o 8% nas liñas que transitan pola Vía Prioritaria Vixiada. No 2011, o incremento total foi do 2%. O portavoz municipal afirmou que a posta en funcionamento do novo sistema de transporte non só permitiu impulsar o uso do transporte público, senón tamén recuperar 240 prazas de aparcamento e, sobre todo, mellorar as frecuencias dos buses: "Entre o 21 de decembro e o 10 de xaneiro, as liñas que pasan polo carril bus perderon un 47% menos de viaxes que no mesmo período do ano anterior", avanzou Flores.

O tenente de alcalde de Mobilidade anunciou que en breve un grupo de expertos elaborará un estudo detallado sobre a mobilidade na Coruña; á vez que contrapuxo a transparencia coa que actuou o Goberno municipal -o proxecto da Vía Prioritaria Vixiada presentouse a máis de 40 asociacións de veciños, comerciantes e transportistas, e a todos os grupos da oposición- co escurantismo do bipartito na pasada lexislatura, que non presentou o seu estudo de mobilidade -onde non se tiña en conta á área metropolitana- nin informou da implantación do carril bus.

Flores tamén llereprochou ao portavoz do BNG, Xosé Manuel Carril, a súa "demagoxia, cinismo e irresponsabilidade" ao cuestionar a revisión da tarifa do bus urbano, cando se emprega a mesma fórmula polinómica que utilizou o bipartito: "É o mesmo criterio utilizado nos anos anteriores e que non foi cuestinonado nin polas autoridades administrativas competentes nin tampouco polo BNG cando gobernou na cidade nos últimos catro anos. Nin tampouco, señor Carril, polo BNG, xa que a Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Industria aprobou tamén durante os catro anos que estivo en mans nacionalistas o uso do convenio na fórmula polinómica, así como a Comisión de Prezos de forma unánime".

O Concello, que establece subvencións polo uso do bonobús por parte dos usuarios e non para corrixir o déficit de explotación da concesionaria, conseguiu que a Compañía de Tranvías asuma a metade da subida da nova tarifa e máis dun millón de transbordos gratuítos, mentres que no 2010 o bipartito foi incapaz de que a concesionaria asumise ningún dos 4 céntimos e no 2011 só conseguiron que se fixese cargo dun céntimo dos seis de incremento.

TORRE DE HÉRCULES E ALVEDRO

A tenente de alcalde de Emprego e Empresa, Luisa Cid, defendeu no pleno que o peche temporal da Torre permitirá realizar obras de mellora, á vez que se solucionará a ilegalidade cometida na pasada lexislatura cando se decidiu aboar contra factura á empresa que se encargaba do monumento, a pesar de que o contrato e a súa prórroga rematara no 2010. A concelleira lembrou que o proxecto de acondicionamento baséase no ditame da Comisión de Seguimento da Torre.

Cid lamentou a "auténtica manipulación política" do BNG, xa que foron os principais responsables da situación actual e agora eríxense en defensores dos traballadores cando os deixaron sen ningunha cobertura legal, ademais de ser consciente de que estes empregados non teñen relación laboral co Concello, tal e como establecen os servizos xurídicos: "O seu obxectivo non é solucionar nada, senón danar ao adversario usando persoas que temen polo seu futuro".

A responsable da Área de Turismo tamén apostou por impulsar a actividade en Alvedro, sobre todo como aeroporto de negocios. Neste sentido, defendeu a campaña Alvedro únenos, coa que o Concello busca o apoio de veciños e administracións da área de influencia do aeródromo coruñés; e defendeu a necesidade de traballar de forma coordinada cos outros dous aeroportos galegos.

OUTROS ASUNTOS

A preguntas da oposición, o Concello tamén se comprometeu a continuar coa vía do diálogo e o consenso cos axentes económicos, sociais e políticos e co resto de administracións públicos para configurar un novo pacto polo emprego e para seguir apostando polos plans de formación, os emprendedores, a defensa do pequeno comercio, o desenvolvemento turístico e as novas tecnoloxías.

O Goberno municipal defendeu que se conxelaron os impostos para 2012 cun IPC interanual do 3% e aprobáronse as mellores ordenanzas fiscais posibles neste momento de crise, definido polo déficit público ocultado polo PSOE durante a etapa de José Luis Rodríguez Zapatero e que se disparou ata o 8%. Por último, Flores tamén reiterou que o Executivo municipal adoptará as medidas oportunas unha vez finalice a investigación xudicial tras os desgraciados sucesos ocorridos en Los Cantones Village.

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg