A Coruña: O Goberno local reforza o servizo de atención ás persoas que dormen na rúa ante a onda de frÃo

Servizos Sociais reparte mantas, comida e bebidas quentes, aconsella que pasen a noite en albergues, e conta coa colaboración de voluntarios e da PolicÃa Local. O Concello, que estuda caso por caso, agradece a colaboración cidadá.
O concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Lorenzo, informou de que o Concello reforzou o servizo de atención ás persoas que dormen na rúa, entre as que se reparte, dende a noite de onte, mantas, comida e bebidas quentes con motivo da onda de frÃo anunciada para os próximos dÃas, á vez que se lles recomenda que acudan ao Refuxio de Padre Rubinos. O responsable municipal pediu a colaboración cidadá para localizar a estas persoas.
O Servizo Municipal de Urxencias Sociais (SEMUS) incrementou dende onte a súa actividade, asà como as visitas nocturnas ás persoas que dormen na rúa. Segundo explicou o concelleiro de Servizos Sociais, repártense mantas, comida e bebidas quentes, ademais de animar as persoas que viven na vÃa pública a que acudan aos albergues. De feito, onte constatouse un descenso no número de persoas que optaron por non durmir na rúa e si nos albergues habilitados na cidade.
Miguel Lorenzo tamén destacou que durante estes dÃas existe un maior número de voluntarios que colaboran co SEMUS, ademais de reforzarse a presenza da PolicÃa Local nas rúas para localizar a estas persoas e acompañalas cando aceptan o ofrecemento de durmir nun albergue. Neste sentido, o concelleiro solicitou a colaboración cidadá e que se poñan en contacto co 092. Persoal da ConcellerÃa de Servizos Sociais acompaña ao SEMUS para axudar en todo o que sexa necesario e traballar en cada caso de forma individualizada co obxectivo de convencer a estas persoas para que non durman na rúa.




